Presentaciónd e Lar – Nai – Pan en Compostela

Categoría: Nova

Coa participación de Xosé Neira Vilas; da actriz Uxía Blanco, que lerá uns textos que elixiu o autor e que acompañan o CD que acompaña o libro; de Victor F. Freixanes, director xeral de Galaxia; e de Mónica Places, membo da directiva da Agrupación Cultural O Galo.

O volume contén tres breves que se publicaron por primeira vez en 1973, 1980 e 1986, respectivamente. Máis, coma se fosen escritos nunha xeira continuada, existe neles o mesmo ton poético, a mesma síntese, o mesmo afán evocador da infancia, da adolescencia, do tempo ido. Estas páxinas chámannos a reflexión, á nostalxia arredor dalgúns aconteceres e duns escenarios que son a un tempo íntimos, persoais e de todos, o múltiple devir da sociedade galega nos seus sentimentos, dores e esperanzas. Todo aquí é vello e novo ao mesmo tempo, pasado e presente, cavilación e vibrante latexo.

Compartir na redes sociais: