Presentación de FEITIZO DE SANGUE en Vigo

Categoría: Nova

A escritora Sabela González presentará o seu libro FEITIZO DE SANGUE, segunda parte da triloxía AS CRÓNICAS DE LANDEREINA o vindeiro martes 10 de febreiro ás 20 horas acompañada do escritor e editor Francisco Castro.

Cando hai dous veráns saiu do prelo BÁGOA DE LÚA, de Sabela González, libro que inaugurou a triloxía fantástica AS CRÓNICAS DE LANDEREINA foron moitos os lectores e lectoras que, dende o primeiro instante, comezaron a reclamar a continuación da historia. Por iso ao pouco tempo foi necesario xa reeditar.
FEITIZO DE SANGUE, esa esperada segunda parte, chega agora ás librerías de todo o país disposto a reproducir o éxito do primeiro. E a emoción e as aventuras que viven os seus protagonistas.
Seguimos á procura da Pedra de Lúa… unha primeira aproximación na pescuda será este martes, ás 2o horas, na Librouro de Vigo.

Compartir na redes sociais: