Catro libros de Galaxia, finalistas dos premios da AELG

Nestas vacacións de primavera, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega fixeron públicos os títulos finalistas dos seus premios que recoñecen os mellores títulos, nas ditintas categorías, dos publicados durante o ano anterior. Na listaxe final, sobre a que votarán nunha segunda volta os socios e socias da AELG (o fallo darase a […]
No 52 aniversario da Fundación Penzol

A Fundación Penzol cumpre hoxe 52 anos de servizo a Galicia. O máis grande arquivo documental do país ten a súa sede aberta na Casa da Cultura de Vigo para todas aquelas persoas que queiran consultar os seus fondos. Comandada na actualidade por Quico Domínguez, foi, ata o día do seu pasamento, dirixida por Francisco […]
O Fórum Gastronómico Coruña 2015 premia a Xavier Castro

Xavier Castro, autor de A lume manso e A rosa do viño, recibiu o premio Picadillo do Fórum Gastronómico da Coruña en recoñecemento a súa traxectoria. Xavier Castro, ademais de membro do comité científico da Fundación Dieta Atlántica da USC, forma parte da rede de investigadores europeos especializados en historia da alimentación, conta con numerosas […]
Xa está na rúa QUINTANA VIVA

Xa está na rúa QUINTANA VIVA, de Xosé Filgueira Valverde, libro co que comeza a xeira de publicacións de textos de e sobre o autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. Escritos ao longo de medio século, os relatos de Quintana Viva inícianse con "Os nenos", narracións escritas no ronsel das "cousas" de […]
Anton Vidal Andión, novo presidente de Editorial Galaxia

Antón Vidal Andión (Pontevedra, 1948) é o novo presidente de Editorial Galaxia S.A., segundo acordou na última xuntanza o Consello de Administración da mesma. Así se propondrá no seu momento á Xunta Xeral de Accionistas. Substitúe no posto a Benxamín Casal Vila, falecido o pasado 30 de agosto de 2013. Dende entón viña desempeñando a […]
De novo o VENTO FERIDO de Casares nas librerías

Dende o intre da súa publicación no ano 1967 na colección Illa Nova de Galaxia, ata as sucesivas reedicións na súa Biblioteca Carlos Casares, esta obra non deixa de sorprender en cada nova lectura. Con ela, Carlos Casares iniciaba unha andaina literaria fecunda e abondosa que non deixaría sen tocar ningún xénero literario. Agora, VENTO […]
Concerto de A Gramola Gominola en Pontevedra

Logo da presentación do pasado luns, esta fin de semana haberá unha nova ocasión de achegarse ao novo proxecto literario-musical de Sonárbore, A Gramola Gominola. O grupo ofrecerá un concerto o sábado 28 de marzo ás 18.30 horas no Salón do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra estes días no Pazo da Cultura de […]
O Espantallo Amigo de Xosé Neira Vilas percorre Galicia

O proxecto teatral e literario ideado por Os Quinquilláns e Editorial Galaxia a partir do Espantallo Amigo de Xosé Neira Vilas percorre a xeografía galega, con máis de 36 funcións en auditorios e teatros das catro provincias. Lalín, Carballo, Cangas, Silleda, Redondela, Ferrol, Ribeira, Vigo, O Pino, Compostela, Noia, Ponteceso, Salceda, Allariz, Ourense, Rianxo e […]