Xa está na rúa QUINTANA VIVA, de Xosé Filgueira Valverde, libro co que comeza a xeira de publicacións de textos de e sobre o autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas. Escritos ao longo de medio século, os relatos de Quintana Viva inícianse con "Os nenos", narracións escritas no ronsel das "cousas" de Castelao nas que o autor de Adral reflicte o seu xeito de contemplar o vivir galego. Recreación de personaxes e escenas dun tempo ido, estes relatos abrollan coa cor vívida e ricaz que traza a man áxil e coidadosa dun acuarelista maxistral.