Camilo Nogueira en Vigo

Trátase de dous títulos relacionados entre si, en certa maneira complementarios: un sobre a construción da Unión Europea, dende os primeiros tratados do carbón e do aceiro ata os nosos días; outro sobre a significación que para Galiza ten o proxecto europeísta. Camilo Nogueira estivo acompañado neste acto por Carlos Lema, director de edicións de […]
Premios da Crítica para Murado e Borrazás

Non hai dous sen tres. Despois do premio da AELG e o Losada Diéguez, o libro de relatos O soño da febre do xornalista e escritor Miguel Anxo Murado obtén este recoñecemento, segundo o fallo do xurado, polo seu "universalismo vivenciado, a integración dos relatos cortos e a eficacia dun recurso onírico que non rompe […]
Galiza e Europa, por Camilo Nogueira

Europa, o continente pensado, trata do carácter histórico e político da Unión Europea, incluindo unha análise do conxunto dos Tratados da UE e do proxecto de Tratado Constitucional, o relato da crise do proceso de ratificación da Constitución (que aprobaran a Convención, o Consello Europeo e o Parlamento Europeo) e, dentro do conxunto de cuestións […]
Galaxia cerrou o seu exercicio de 2007 cun crecemento de facturación do 13,8 %

As empresas de Editorial Galaxia (Editorial Galaxia S.A. e Merlín Comunicación S.L.) cerraron o exercicio do ano 2007 cun volume neto de negocio de 2.153.762 euros, fronte aos 1.891.603 euros do ano 2006. Esta cifra representa un 13,8 % de crecemento no volume neto de negocio, descontados as marxes de desconto a librerías e outros […]
Outro premio para "Ollos de auga"

Un libro de éxito, sen dúbida, e unha magnífica estrea para un escritor que comenzaba. A novela Ollos de auga non para de dar satisfaccións. Acabamos de sacar a rúa a quinta edición en lingua galega dunha novela que se confirma coma un dos acontecementos editoriais dos últimos anos. O detective Caldas, o seu protagonista, […]
Conferencia de Darío Xohán Cabana sobre Xosé María Álvarez Blázquez

A primeira das actividades paralelas á exposición A palabra e os días, destinadas a homenaxear e dar a coñecer ao protagonista das Letras Galegas 2008, o escritor e editor Xosé María Álvarez Blázquez, tivo lugar onte no salón de actos da Casa Galega da Cultura. Presentaron o acto Xesús López Carreira, Concelleiro de Cultura do […]
Dobrete para Miguel Anxo Murado

O xurado do XXIII Premio Antón Losada Diéguez acordou conceder o premio de creación literaria á narración O soño da febre, de Miguel Anxo Murado. Neste caso, os responsables da selección destacan que ’partindo dun episodio real da vida do autor, preséntasenos unha galería de historias sorprendentes, ás veces oníricas e ás veces simbólicas, sempre […]
Galaxia e El País reeditan a colección "O Moucho"

Xosé María Álvarez Blázquez, na Editorial Castrelos, concebiu esta colección coa idea clara de introducir a lingua galega nos fogares do país. Entre 1967 e 1983 puxo na rúa 64 títulos en formato accesíbel e popular, con tiradas de entre 3000 e 5000 exemplares e chegando a acadar co Catecismo do labrego a impresionante cifra […]