Exposición homenaxe a Xosé Mª Álvarez Blázquez

Unha viaxe pola biografía e a obra dun autor fundamental na edición galega, a quen este se adica o Día das Letras Galegas. O visitante poderá achegarse a súa obra a través do material bibliográfico exposto, tanto da súa autoría como da súa faceta de editor, e a súa vida a través dos obxectos persoais […]

Dúas traducións de Galaxia obteñen axudas da Comisión Europea

Unha moi boa nova e a confirmación de que imos polo bo camiño na aposta firme da publicación de narrativa europea e universal, combinando as novidades -publicadas antes ou ao mesmo tempo ca en castelán- cos grandes clásicos. Un chanzo máis no avance cara á normalidade nas relacións entre o campo literario galego e as […]

Premios para autores de Galaxia

Inma López Silva gañou o Premio Blanco Amor 2007, organizado nesta edición polo Concello de Lugo, pola novela Memoria de cidades sen luz, na que recupera a época da Guerra Civil e o florecemento de galeguismo histórico na Coruña dos anos 30. Convértese así na terceira muller en obter este premio, tras Ursula Heinze e […]

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

As Árbores de Galaxia están repletas de froitos este ano. Novos libros para todos os banzos lectores, pero tamén libros de sempre que recuperamos en novo formato, como é a volta dun dos personaxes literarios máis populares das nosas letras: Ramón Lamote. Vintetres anos despois daquela primeira descuberta: Das cousas de Ramón Lamote, coa que […]

Presentación dos poemarios "Canle segredo" e "Vento de sal"

Interviñeron Carlos Lema, director de edicións de Galaxia e tamén poeta, a profesora de lingua e literatura galega Amparo Solla, e finalmente, por partida doble -como autor e fillo- Xosé María Álvarez Cáccamo. Amparo Solla foi a encargada de ler e comentar, desde a análise literaria pero sobre todo desde a emoción, os poemas de […]

Historia da ciencia no Museo do Pobo Galego de Santiago

A mesa redonda tivo lugar no salón de actos do Museo compostelán e nela interviñeron José Manuel Fernández de Labastida, vicepresidente de Ciencia e Tecnoloxía do Consello Superior de Investigacións Científicas; Xosé Antón Fraga, comisario da exposición; Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, e Isaac Díaz Pardo. Uxío Labarta, director do CSIC en […]

Día Internacional da Poesía

Xunto con Canle segredo ofrecemos tamén Vento de sal, o máis recente poemario de Xosé María Álvarez Cáccamo, unha das grandes referencias da poesía galega dos nosos días e fillo da figura homenaxeada no Día das Letras. Dalgún xeito, aínda que non sexa máis ca dunha maneira simbólica, pai e fillo dialogan poéticamente, un ao […]

O Premio Repsol aumenta a súa dotación a 9.000 euros

Participaron neste acto de presentación aos medios de comunicación a Secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol López Martínez, o Director da Refinería de Repsol YPF na Coruña, Rafael Rubio Fernández e Víctor F. Freixanes, Director Xeral da Editorial Galaxia. Rafael Rubio fixo un agradecemento ás institucións que apoian este premio e valorou moi positivamente a […]