Camilo Nogueira en Vigo

Categoría: Nova

Trátase de dous títulos relacionados entre si, en certa maneira complementarios: un sobre a construción da Unión Europea, dende os primeiros tratados do carbón e do aceiro ata os nosos días; outro sobre a significación que para Galiza ten o proxecto europeísta.

Camilo Nogueira estivo acompañado neste acto por Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Amada Traba, profesora de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo, quen loubou especialmente a longa traxectoria deste político fundamental para contar a historia recente do país.

Ao propio autor correspondeulle o papel de explicar os seus libros, que aínda inicialmente foron pensados para saír nun só volume conforme foi avanzando o traballo decidiuse convertelo en dous títulos, un sobre o significado actual e histórico da Unión Europea e outro sobre Galiza na UE, desde as consecuencias negativas ata as oportunidades que representa a nivel político e económico.

Compartir na redes sociais: