Galaxia en cifras, 2008

En total son 450 autores e autoras, clásicos e contemporáneos, organizados en coleccións moi diversas, como corresponde a unha editorial xeralista: literatura, ensaio, investigación, literatura infantil e xuvenil, albumes, dicionarios, manuais, etc. A tiraxe media nestes últimos anos, entre 2000 e 2008, foi de 1.776. A máxima 8.000 e as mínimas arredor de 800 unidades. […]
Abre a exposición didáctica "O Parlamento de Galicia, 27 anos de diálogo"

Esta exposición didáctica pretende achegar a todo o público interesado, pero sobre todo aos escolares de Galicia, a realidade do Parlamento como unha fábrica de valores democráticos e de convivencia. Na visita, os asistentes coñecerán o funcionamento da Cámara parlamentaria, dando así un paso fundamental para achegarse á cidadanía. Preténdese que os asistentes entendan o […]
Os principios da radio

Xosé Soengas, Arturo Maneiro, Mónica Rebolo e Víctor F. Freixanes, profesores e especialistas en comunicación, abordan dende distintos ángulos aquela experiencia primeira, vencellada á realidade republicana na Galicia de 1933-1936. O profesor Soengas deseña unha primeira panorámica do que significa a radiodifusión ao longo do século XX; Mónica Rebolo fala da radio exterior, con especial […]
Sexta edición para "Ollos de auga"

Tralo éxito de "Ollos de auga", Domingo Villar traballa agora nunha nova aventura do inspector Leo Caldas que leverá por título "A praia dos afogados". De certo que este novo libro será quen de repetir o mesmo éxito entre lectores e crítica, pois tanto Leo Caldas como o seu axudante aragonés son personaxes inmorrentes no […]
Dúas escritoras para presumir de País

As 12 da mañá do sábado, a escritora, cineasta, xornalista e profesora Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 1951) fará a súa entrada oficial na Academia Galega. Será na facultade de Xeografía e Historia da Unversidade de Santiago onde lerá o seu discurso titulado "Do bucle e da fenda. Para un ensaio crítico sobre a […]
Tempo de despedida

Pouco escoitei falar nesta campaña electoral de cultura, se cadra porque iso non dá tantos votos como falar de coches… Pero quero ver nese feito constatable unha fenda de esperanza, e crer que a nosa cultura pode suscitar máis consensos que liortas, máis entusiasmo que escepticismo, e que non vai ser utilizada para o axuste […]
Exposición itinerante Ramón Piñeiro

Na fotografía aparecen os membros do Comité Asesor da Exposición, que estará comisariada polo sociolingüista e codirector de GRIAL Henrique Monteagudo e polo historiador Carlos Fernández. De esquerda a dereita, arredor da mesa: Xosé Díaz (deseñador), Xesús Alonso Montero, Víctor F. Freixanes, Henrique Monteagudo, Xosé Luis Franco Grande, Miguel Barros, Benxamín Casal, Xosé Manuel Dasilva, […]
A PENSAR

As culturas non se poden comparar en termos valorativos. Nin desde o punto de vista diacrónico, a dunha época coa doutra época, nin desde o punto de vista diatópico, a dun lugar coa doutro lugar. Que llo digan a Picasso que se fixo ultramoderno referindo a arte ancestral africana. Na Europa posfuturista a arte inspirábase […]