2009. Comeza o Ano Ramón Piñeiro

En realidade, o Ano Ramón Piñeiro empezou o pasado día 19 de decembro coa lectura da tese de doutoramento do profesor Miguel Barros sobre o intelectual galeguista. Contra a primavera Galaxia publicará en dous volumes este traballo, que mereceu a máxima calificación dun tribunal presidido por Ramón Villares Paz na facultade de Ciencias Políticas da […]

Un libro necesario

Poucas veces un libro semella tan oportuno, tan interesante, tan esclarecedor do contexto e dos protagonistas, ese conflito que volve teimosamente, unha e outra vez, ás páxinas dos xornais. Nas cadeas todas da televisión mundial vense as imaxes da traxedia Palestina, da furia de Israel, das razóns (ou sinrazóns) de uns e de outros, esa […]

Abriu en Ferrol a exposición "Galicia 25, unha cultura para un novo século"

O acto de inauguración contou coas intervencións de Mercedes Carbajales, concelleira de cultura de Ferrol, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o Director Territorial de Caixanova para A Coruña-Lugo, Manuel García Miñaca, respectivamente, e Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo, en representación dos comisarios. A mostra, instalada nas salas de exposición da […]

Méndez Ferrín cumpre 70 primaveras

O autor de páxinas fundamentais da literatura galega contemporánea ("Percival e outras historias", "Elipsis e outras sombras", "Arrabaldo do norte", "Antón e os inocentes", "Con pólvora e magnolias", "Bretaña Esmeraldina", "Estirpe", "No ventre do silencio", etc) ecibiu a homenaxe dos seus lectores e admiradores. Ramón Lorenzo, membro fundador do grupo Brais Pinto no Madrid dos […]

Vida e obra de Ramón Piñeiro

"Vida e obra de Ramón Piñeiro" é o primeiro dos volumes que con Ramón Piñeiro de protagonista este ano dará ao prelo a Editorial Galaxia. Neste caso, a autora de "Valdamor" Beatriz García Turnes ofrécenos unha biografía e unha antoloxía nas que se sintetizan e recollen tanto a obra coma as distintas facetas da vida […]

Blanco Amor: desexo e fotografía

Carlos Lema, director literario de Galaxia, é un bo coñecedor xa non só da produción escrita de Eduardo Blanco Amor senón tamén de todo o seu complexo e interesante universo fotográfico. De feito el é o comisario da exposición "A ollada do desexo. Obra fotográfica de Blanco Amor. 1933-1973" que neste intre está aberta no […]

50 anos de Astérix

Hai 50 anos, as historias do pequeno guerreiro galo e os seus amigos, vían a luz da man de René Goscinny e Albert Uderzo, para coñecer de inmediato un grande éxito por todo o mundo. En galego chegarían grazas á Editorial Galaxia. Moita xente ignora, e é todo un dato, que as primeiras traducións á […]

"Eu tamén son fonte" en Tui

Desde hoxe e ata fin de mes poderá visitarse en Tui a exposición "Eu tamén son fonte" obra de Teresa Moure e Leandro Lamas, autores do texto e as imaxes, respectivamente, no libro de mesmo título publicado hai uns meses pola Editorial Galaxia en colaboración con Fedegalma e a Consellería de Sanidade. A exposición está […]