Galaxia en cifras, 2008

Categoría: Nova

En total son 450 autores e autoras, clásicos e contemporáneos, organizados en coleccións moi diversas, como corresponde a unha editorial xeralista: literatura, ensaio, investigación, literatura infantil e xuvenil, albumes, dicionarios, manuais, etc. A tiraxe media nestes últimos anos, entre 2000 e 2008, foi de 1.776. A máxima 8.000 e as mínimas arredor de 800 unidades.

Entre 1990 e 2008 publicáronse en total 4.204.276 exemplares de libros en lingua galega. Segundo o último informe da Penorámica da Edición en España (Ministerio de Cultura), Editorial Galaxia figura entre as 25 editoras literarias máis importantes no Estado Español. No ano 2008, Galaxia publicou e comercializou 211.890 exemplares.

No catálogo vivo da editorial hai unha cada vez maior presenza de traducións de literatura extranxeira, tanto de clásicos como de contemporáneos, esforzo especialmente importante nos últimos tempos, dirixido a incorporar á lingua galega o máis activo das letras universais dos nosos días: Paul Auster, Orhan Pamuk, Martin Amis, Andrea Camilleri, Jean-Philippe Toussaint, Anna Gavalda, Zadie Smith… Entre o ano 2000 e o ano 2007 distribuíronse 145 traducións, a meirande parte delas procedentes do inglés (41).

Na listaxe de libros máis vendidos no ano 2008 figura en primeiro lugar: Made in Galiza, de Séchu Sende que vai pola quinta reimpresión, seguido de Vida e obra de Xosé María Álvarez Blázquez, de Carlos L. Bernárdez, Ollos de auga, de Domingo Villar (6ª reimpresión), A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, e Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro (4ª reimpresión).

Compartir na redes sociais: