O CANTO DA LITERATURA

Ás veces teño encontros con rapaces de institutos. Serven para que eles poidan ver que os escritores somos xente normal -vulgar, chegáronme a presentar unha vez-, e que a literatura está tan preto da súa man como ser camioneiros, torneiros ou cobradores do gas. Cómprelles -aclaro sempre- ser antes calquera desas cousas, porque a meirande […]
A fiestra da lectura

Adóitase falar da crítica literaria como un sector homoxéneo que exerce a facultade de xulgar, con criterio máis ou menos acertado, a produción do momento e, nalgúns casos, categorizala para a historia que está por escribir. Case sempre parte ao tempo que xuíza, a crítica literaria é situada a miúdo nun punto de mira delimitado […]
E Shakespeare quedou destilado. Entrega do Premio García Barros

Nun teatro ateigado de xente, o escritor Xesús Constela Doce recibía o premio de novela Manuel García Barros de mans dos representantes de todas as entidades implicadas no premio: concello da Estrada, secretaría xeral de política lingüística e Editorial Galaxia. O alcalde da Estrada, José Antonio Martínez Dono, celebrou a novela gañadora así como o […]
A historia privada

Para Aristóteles o poeta expresa o universal da natureza humana e o historiador o particular e relativo. Non sempre é así, pero a historia pon o social por riba do individual e adoita reparar nos grupos humanos e nas súas estruturas. A literatura detense máis na vida privada do home, no fragmentario e anecdótico, que […]
Conselleiros de Merlín Comunicación

Merlín Comunicación S.L. nace coma unha empresa participada cento por cento pola Editorial Galaxia, mais coa misión de desenvolver novas formas de comunicación na sociedade global: dende exposicións didácticas itinerantes ata produtos audiovisuais e multimedia. Recentemente constituiu en Vigo o seu Consello de Administración, formado polas seguintes persoas: Presidente: Xaime Isla Couto Vicepresidente: Benxamín Casal […]
A Academia dedica o Día das Letras Galegas 2009 a Ramón Piñeiro

No seu labor literario, brilla con luz propia o seu traballo como pensador, especialmente os ensaios recollidos na colectánea Olladas no futuro (1974), e os os títulos Filosofía da saudade e A linguaxe e as linguas (1967). É especialmente salientable tamén o seu traballo como tradutor de pensadores coma Heidegger (Da esencia da verdade), que […]
Medalla de ouro de Galicia para Editorial Galaxia

O Consello de Administración de Editorial Galaxia e de Merlín Comunicación, o Consello de Redacción da revista GRIAL, os traballadores e traballadoras, os autores e autoras, directores de coleccións, asesores e colaboradores das nosas empresas agradecemos moi sinceramente o premio e facémolo extensivo a cantas persoas, onte e agora, participan directa ou indirectamente no proceso […]
Un libro de texto para o século XXI

Nestes días, o profesorado de Galicia está a recibir o libro de texto de Lingua e Literatura Galega, un manual elaborado dende a idea de que é necesario ofrecer unha ferramenta educativa útil para profesores e alumnos que, ademais de cumprir rigorosamente cos contidos curriculares esenciais, sirva tamén para fomentar o interese e a curiosidade […]