Sexta edición para "Ollos de auga"

Categoría: Nova

Tralo éxito de "Ollos de auga", Domingo Villar traballa agora nunha nova aventura do inspector Leo Caldas que leverá por título "A praia dos afogados". De certo que este novo libro será quen de repetir o mesmo éxito entre lectores e crítica, pois tanto Leo Caldas como o seu axudante aragonés son personaxes inmorrentes no corazón dos lectores. Nesta nova entrega, o inspector terá que ver o xeito de explicar unha trama que xira arredor da aparición do cadáver dun mariñeiro na praia de Panxón.
"Ollos de auga" é, ademais dunha das novelas contemporáneas máis traducidas, unha das máis premiadas, e non só en Galicia. Ao respecto das traducións está a piques de ver a luz a versión en alemán, que Domingo Villar presentará no vindeiro mes de Marzo.
Esta nova novela de Domingo Villar estará nas mans das lectoras e dos lectores antes do verán.

Compartir na redes sociais: