Catro novos títulos da Biblioteca de Teatro

Na rolda de prensa celebrada no Salón Teatro participaron Roberto Varela, Conselleiro de Cultura, Juan Carlos Fasero, xerente do AGADIC, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Manuel F. Vieites, director da Escola de Arte Dramática Galega e coordinador da colección. Os novos títulos no catálogo son 'Manual de práctica teatral feminista', de Elaine […]

A forza das minorías

O 32 Congreso do IBBY que se celebrará en Compostela en 2010 e que reunirá en Galicia a un milleiro de especialistas en literatura infantil, foi presentado onte polo Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela, e polo escritor e director das coleccións Árbore e Costa Oeste de Galaxia, Xosé A. Neira Cruz, […]

Olladas no futuro chega a Vigo

A exposición 'Ramón Piñeiro, olladas no futuro' inaugurarase hoxe na cidade de Vigo. O acto celebrarase ás 20 horas no Verbum-Casa das Palabras de Vigo. Editorial Galaxia, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Presidencia da Xunta de Galicia organizan esta exposión sobre a figura e a obra […]

A exposición EDITAR EN GALEGO BAIXO A CENSURA FRANQUISTA en Ferrol

O acto inaugurala estará presidido polo alcalde, Vicente Irisarri. Esta exposición, organizada pola Fundación Penzol, poderase visitar no Centro Cultural Carvallo Calero ata o vindeiro 30 de setembro, de luns a venres, de 9 a 14 horas. Esta exposición sobre as dificultades para a edición en galego durante o franquismo amosa documentos, algúns deles inéditos, […]

Teatro, educación, historia

Dende a antiga Grecia, o teatro, a súa saúde e presenza na sociedade, é un indicador da saúde dunha sociedade. En permanente debate, o teatro axúdanos a entendérmonos mellor na medida en que, no fundamental, fala de todos nós. A Editorial Galaxia tira do prelo estes días, precisamente, dous novos volumes da súa Biblioteca de […]

Domingo Villar, o autor do verán

Tanto nas feiras de Vigo como da Coruña foi o autor máis celebrado, e en Sanxenxo (nas fotografías) as fileiras de lectores que pedían asinar os seus libros prolongouse ata as dez da noite do pasado 18 de agosto. Da "A praia dos afogados" Editorial Galaxia publicou o pasado mes de abril 5.000 exemplares. Xa […]

'Eu tamén son fonte' en Vigo

A exposición arredor do libro de Teresa Moure, 'Eu tamén son fonte', ilustrado por Leandro Lamas e que leva arredor dun ano itinerando con grande éxito por toda Galicia, chegou onte á cidade de Vigo. Na sede da Casa das Mulleres (rúa Romil, 20, baixo, dereita) produciuse este martes a inauguración desta mostra que permanecerá […]

Pero como fomentar de verdade a lectura?

Durante as vindeiras semanas, no 'Balcón de Libros' do noso blog, imos ir ofrecendo distintas respostas a unha pregunta que sen dúbida é esencial. O fomento da lectura é moito máis que o fomento do consumo de libros. É o fomento, tamén, do pensamento e da fantasía e, en última instancia, un elemento creador de […]