Matrimonio de conveniencia

Nestes días recibín unha mensaxe por internet que falaba do matrimonio dunhas nenas menores de dez anos musulmás con homes maiores de vinte anos, que resultou ser falsa, un dous moitos contos que percorren a rede, máis o peor, foi que tanto a min coma a moitas e moitos que recibimos o correo electrónico pareceunos […]

Persoas cun oído finísimo…

persoas  cun oído finísimo din que en vinilo a música soa mellor que no ordenador. eu, que non oio tanto, prefiro o dixital pola súa facilidade de manipulación (lembrades o rito de limpar os discos cun pano?), porque non se escoita de fondo a tixola dos ovos fritidos, porque podo copialos para escoitar no coche… […]

O problema da violencia

Acabamos de manifestarnos para acabar coa violencia contra as mulleres, o día 25 de novembro. Os xornais e as televisións dedicáronlle espacios para concienciar sobre esa enorme inxustiza. Existe, xa hai anos, unha Lei contra esa violencia. Diríase que a sociedade reacciona para errradicala. Vale. Pero, paralelamente, esa mesma sociedade fomenta a violencia de xénero […]

Lembrando a Rei Ballesteros

Coñecín a Rei Ballesteros nas xornadas literarias de Mariñán. Nos seus beizos os vocábulos e o fume disipaban as horas. Pronunciaba os nomes dos escritores, pintores, filósofos, músicos… (algúns, coñecidos; outros, recónditos) con sabedoría exaltada. Parecía que, como o esqueleto que Castelao pintara n’ O ollo de vidro, levase unha biblioteca na cachola. Na súa […]

Camiñantes. Un itinerario filosófico

Escrito coa clara conciencia do xardineiro que aspira a obter pequenos froitos, co mesmo valor do artesanal, este libro camiña cara ao que dende as orixes da filosofía foi o fin máis elevado para o home: a felicidade. Unha felicidade sostíbel, construída cos retallos fuxidíos dos momentos de dita. Velaquí un libro que fala do […]

Blanco Amor feito con Amor

Hoxe, Sarabela Teatro porá en escena, ás 21 horas, 'A esmorga' de Eduardo Blanco Amor, no Auditorio Municipal de Ourense. Co gallo desta importante estrea, mantivemos unha entrevista coa directora Ánxeles Cuña. PREGUNTA: ¿Por que A Esmorga de Blanco Amor? RESPOSTA: Porque Blanco Amor é extraordinario. Porque somos de Ourense e sentimos por el altísima […]

Música, arte, literatura e voz

Onte deuse a coñecer diante dos medios de comunicación, aproveitando a inauguración da exposición 'Musicontos: o Prodixio dos Zapatos de Cristal', a colección Musicontos da editorial Galaxia. Trátase de tres volumes nacidos da colaboración estreita entre a nosa editorial e o Consorcio de Santiago quen permitiu, co seu apoio entusiasta, que os textos escritos por […]

Musicontos: O prodixio dos zapatos de cristal

Mañá ás cinco e media, na Biblioteca da Fundación Caixagalicia (rúa Frei Rosendo Salvado) celebrarase unha rolda de prensa para dar a coñecer a colección 'Musicontos' que hai uns meses tirou do prelo tres títulos de Xosé A. Neira Cruz que recrean algúns dos contos tradicionais. 'O prodixio dos zapatos de cristal' (ilustrado por Rodrigo […]