A exposición EDITAR EN GALEGO BAIXO A CENSURA FRANQUISTA en Ferrol

Categoría: Nova

O acto inaugurala estará presidido polo alcalde, Vicente Irisarri. Esta exposición, organizada pola Fundación Penzol, poderase visitar no Centro Cultural Carvallo Calero ata o vindeiro 30 de setembro, de luns a venres, de 9 a 14 horas.

Esta exposición sobre as dificultades para a edición en galego durante o franquismo amosa documentos, algúns deles inéditos, pertencentes aos fondos da Fundación Penzol, da Editorial Galaxia e do comisario da mostra, Xosé Manuel Dasilva.

O público interesado poderá atopar na mostra algunhas das transcripcións dos informes dos censores sobre obras en galego durante a ditadura franquista. Léndoas, fica claro que en moitas das ocasións nin as entendían ou, directamente, desprezábanas polo feito de estar escritas na nosa lingua.

Compartir na redes sociais: