Finou Daniel Cortezón

Onte finaba no Hospital Xeral de Lugo, o escritor Daniel Cortezón. Nado en Ribadeo no ano 1927, foi o primeiro gañador do premio Blanco Amor de Novela ('A vila sulagada') aínda que o eido literario no que alcanzou cumios máis elevados foi no campo dramático con obras como 'As covas do Rei Cintolo' (1955), cun […]

Homenaxe a Marilar Aleixandre

Hoxe 30 de setembro celébrase o Día Internacional da Tradución cun mollo de actos que se concentran maioritariamente en Vigo e Compostela. Conferencias, actos conmemoriativos na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e presentacións varias culminarán coa homenaxe a Marilar Aleixandre ás 20 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea, nun acto […]

A dona dos mapas

A autora de 'Adios, María' ou 'Polo mar van as sardiñas', ademais dunha extensa e fermosa obra poética, Xohan Torres, será homenaxeada nunha sesión de estudio e debate sobre a súa significación literaria e cultural. Desenvolveráse no salón de actos do CCG hoxe entre as 10 e as 20 horas. Entre os ponentes estarán Ramón […]

Día Europeo das Linguas

O sábado celébrase o Día Europeo das Linguas. Por iso dicimos, agora máis que nunca, Nós. E non para un só día. Dicimos lingua galega, idioma de Galicia, galego, fala nosa, todos os días e a todas as horas e en todas as circunstancias. Galego. Lingua. Terra. Nós. Lingua nosa que partilla co mundo dende […]

Cun libro nas mans

Non sei durmir sen un libro nas mans. É un deses vicios saudables. Sen contraindicacións. Sen efectos adversos nin perversos para o que só se necesitan ollos. Ou mans. Quizais porque compartín o ventre da miña nai con textos prohibidos cruzando a fronteira. Quizais porque de pequena só tiña présa por medrar para chegar a […]

Chanclas na ducha?

Hai moitos anos que fago camping e sempre sei se a persoa que se está a duchar é do país ou non. Abonda con reparar nun pequeno detalle: os nacionais dúchanse con chanclas, os estranxeiros déixanas fóra. Imaxino que o noso razoamento é o seguinte: cómpre protexer os pés, porque pode haber alguén que teña […]

Pendentes

Estamos estes días pendentes de se, coa proposta do novo decreto de galego no ensino, o goberno se afasta definitivamente –como todo apunta– ou non do consenso lingüístico ao que se chegara no Parlamento en 2004. Baixar a porcentaxe do mínimo do 50% de materias en galego significaría que racharían unilateralmente ese acordo, e un […]

Unha lingua rural

O latín chegou a ser a lingua dun imperio, pero xamais puido ou quixo agochar as súas orixes rurais. Segundo a preciosa etimoloxía de delirare, alguén que delira é alguén que se desvía do rego, do suco (lira). E alguén egrexio (egregius) destaca por enriba do rabaño (grex). Os rivais (rivales) son tales porque comparten […]