A forza das minorías

Categoría: Nova

O 32 Congreso do IBBY que se celebrará en Compostela en 2010 e que reunirá en Galicia a un milleiro de especialistas en literatura infantil, foi presentado onte polo Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela, e polo escritor e director das coleccións Árbore e Costa Oeste de Galaxia, Xosé A. Neira Cruz, comisario do congreso.
Serán en total mil participantes de 82 nacionalidades os que se darán cita en Compostela a partir de setembro de 2010 no que promete ser un dos fitos literarios máis importantes do ano e para o que, como ben explica a completa web do congreso, só restan 363 días.
Dende a ligazón que ofrecemos á dereita destas liñas podes formalizar a túa inscrición así como acceder a todos os detalles relacionados con esta importante cita cultural.

Compartir na redes sociais: