Circe ou o pracer do azul

Hoxe, ás 20 horas, na Librería Couceiro de Santiago, presentarase a novela de Begoña Caamaño, 'Circe ou o pracer do azul'. No acto participan Víctor F. Freixanes, Goretti Sanmartín e a autora. Como remate do acto haberá unha actuación da cantante Uxía Senlle. Nesta novela Begoña Caamaño (Vigo, 1964) relata o que nunca se contou […]

Xa é posible descargar os dous primeiros eBooks de Galaxia

O futuro non é mañá. O futuro é hoxe. Despois do anuncio que fixemos onte no que informabamos de que a nosa editorial ofrecerá medio cento de títulos antes de fin de ano, e outros tantos durante o 2010, ata chegar á completa distribución dixital de todo o seu catálogo, xa é posible, dende a […]

A última gran novidade do ano

Chega ás librerías galegas Invisible, a nova novela de Paul Auster, que desta volta introduce ao seu protagonista, un estudante universitario con vocación de poeta, nun perverso triángulo amoroso que o vai involucrar nun acto violento que alterará o curso da súa vida. A nova novela de Auster, publicada en inglés hai apenas un par […]

Premios para Alberto Lema e Eva Almazán

O pasado sábado, no Liceo de Ourense, celebrouse a gala anual da Asociación Galega de Editores. Entre os galardoados, dous libros da nosa editorial. Por unha banda, Alberto Lema, que xa hai un ano sorprendera co seu 'Unha puta percorre Europa' alzábase co Premio Ánxel Casal ao Libro de Ficción por 'Sidecar'. Con este galardón, […]

Memorias dun ninguén

"Non é doado traducir o título do galego", explicou o autor. "Un ninguén non é exactamente un Don Nadie, que diríamos en castelán. Un ninguén é unha persoa moi consciente da súa continxencia, da súa relatividade diante do mundo, tamén da súa capacidade para situarse no concerto da condición humana". Xosé Manuel Beiras e Dolores […]

AS RAZÓNS DO GALEGO

A presentación terá lugar ás 20.00 h en Librouro e o autor estará acompañado polo editor Víctor F. Freixanes e o escritor Agustín Fernández Paz. En As razóns do galego. Apelo á cidadanía, o filólogo e sociolingüista Henrique Monteagudo fai unha chamada á cidadanía galega na que pretende interpelar á opinión pública, intervindo no debate […]

Bota a andar o Proxecto Enclave de dixitalización

Hoxe, en Madrid, ás12,00 horas, na sede da Biblioteca Nacional de España (Sala del Patronato, Paseo de Recoletos), presentarase o Proxecto Enclave que promove a Biblioteca Nacional para dixitalizar obras de editoriais españolas suxeitas a dereitos de autor. A editorial Galaxia permitirá, a través deste sistema, a descarga de 20 títulos do seu catálogo. No […]

UN TIPO LISTO

Nun acto celebrado no Teatro Principal da Estrada, Xosé Monteagudo recibiu oficialmente o Premio de Novela García Barros que mereceu pola súa obra 'Un tipo listo'. O acto foi presidido por José Antonio Dono, Alcalde da Estrada, quen estivo acompañado polo Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, por José Crespo, […]