Manuel Pérez Rúa, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

(10 de decembro. 13.04 horas) Hai escasos minutos vén de darse a coñecer o fallo do xurado da VIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio nunha rolda de prensa na que participaron representantes de todas as entidades convocantes: Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia e […]
Cando o futuro comezaba

Hoxe, ás 20 horas, na Casa Galega da Cultura de Vigo, presentarase o libro que recolle a correspondencia entre Xosé Luis Franco Grande e Ramón Piñeiro, titulado, 'Cando o futuro comezaba. Correspondencia 1955-1990'. No acto Franco Grande estará acompañado por Víctor F. Freixanes e Valentín Arias. Este libro recolle a correspondencia que Ramón Piñeiro mantivo […]
Paco del Riego, esencial

A semana pasada, os medios de comunicación de toda Galicia facíanse eco da nova referida a que don Francisco Fernández del Riego deixará a dirección da Fundación Penzol o vindeiro mes de xaneiro. Don Paco, como é con cariño chamado por todos os que o admiran, aos seus 97 anos seguía acodindo cada día, como […]
Regalar libros porque si

Sexa porque chega o Apalpador, ou Papá Noel, ou os Reis Magos, ou sexa porque si, porque é Nadal, ou porque se celebra o Solsticio de Inverno, ou porque si, ou sexa porque son datas para o consumo desaforado ou porque si, estes días non deben faltar nas listas dos regalos, os libros. Porque si. […]
Palabras de Alfonso Zulueta de Haz para Cabanillas

"Sempre é necesario, coido que imprescindible, lembrar as figuras que loitaron pola permanencia e salvación da nosa cultura, mais é especialmente oportuno salientar, por mor dos cincoenta anos do seu falecemento, a Ramón Cabanillas, un dos nosos grandes poetas, nunha terra afortunadamente pródiga nesta expresión literaria. En tempos onde a identidade de Galicia, a súa […]
No Día da Muller Traballadora

Como cada oito de marzo, celebramos hoxe o Día Internacional da Muller Traballadora. E como cada oito de marzo, lembramos que o camiño aínda é moi longo, e que as mulleres e os homes debemos facelo xuntos. Teremos que loitar por chegarmos a unha realidade na que a igualdade non sexa un obxectivo, senón unha […]
O abrigo

Dúas pícaras diríxense á escola. Cruzan o barrio de dez casas onde viven. Xusto ao final da pista, do territorio das bicis, do brilé, das carreiras, hai un almacén de caixas e botellas que delimita. A partir de alí, a pista torna en estrada, os coches van máis rápido, non hai acubillo. Comeza a vila. […]
Pagou a pena

En decembro do 2009, os da Compañía Matapiollos Teatro rematamos unha xira cunha obriña de teatro titulada a Rebelión do Monicreque. Con Marta Rivas viaxei, montei, desmontei e actuei. Chegou o momento de descansar e de facer balance e, para min, houbo un día que non vou esquecer. Nunha das primeiras funcións, logo de montar […]