O tempo fuxidío

O tempo fuxe, como a vida, case sen nos decatar. Acontece que, nós, todos nós, non temos esa conciencia. Pasamos as idades sen deternos, como alguén que corre cara unha meta, aínda que co tempo comezamos a sentir dúbidas sobre o camiño, dúbidas sobre o lugar onde queremos chegar. De feito, o tempo fuxidío lévanos […]
Miguel Barros presenta o seu libro en Pontevedra

Miguel Barros, autor da primeira tese de doutoramento arredor da figura e da obra de Ramón Piñeiro, presentara hoxe en Pontevedra o resultado da súa investigación que o ano pasado viu a luz na nosa editorial baixo do título 'Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo'. No acto, estára acompañado por Víctor F. Freixanes, Aniceto […]
Sen remexer

Non se pode remexer todo. Hai ingredientes que custa ligar. Por iso non entendo esa teima de mesturar o lucro económico con tódalas cousas e actividades. Coa cultura non sempre é un bo aliado. E disto sempre hai quen saca proveito. Por unha banda están os que só traballan na cultura para obter un beneficio […]
Coma antes

Os nosos (des)gobernantes veñen de decidir –sen que ninguén conseguise impedilo– que as nenas e nenos galegos poderán escoller a lingua en que empregar os libros de texto. Estantismo do vello, retroceso sen precedentes, paralización que me fai viaxar máis de 30 anos no tempo. Quizais a ese1979 en que se promulgaba o polémico Decreto […]
Que era Castelao?

Castelao era autor. Autor de textos e autor de imaxes. O que se podería dicir, un autor completo. Ninguén pode negalo. Aínda a día de hoxe moitos axentes do mundo literario seguen inventándose una diferenciación entre “o autor” e “o ilustrador” ao referirse a unha obra literaria ilustrada. Podemos falar dun autor literario e doutro […]
Non ser resentidos

O gran filósofo alemán Friedrich Nietzsche, explicou moi lucidamente o concepto de ‘resentimento’. Segundo a súa análise, un resentido é aquel que, máis que actuar, reacciona. E sempre para mal. Ou sexa, un resentido sería aquel que, por exemplo, experimenta pracer cando a quen considera o seu inimigo as cousas lle van mal. Sería o […]
Grial lembra a Rei Ballesteros

Onte na Fundación Gonzalo Torrente Ballester tivo lugar a presentación deste número 183 da revista Grial, nun acto que contou coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Dolores Vilavedra e Carlos Fernández, coordinadores do número e Basilio Lourenço, ensaísta. Baixo o título "Entre os anxos e os mortos. Lembrando a Rei Ballesteros", […]
Hoxe arranca o Roteiro de 'A praia dos afogados'

Hoxe, nun acto de colaboración entre a concellería de cultura de Nigrán e a Editorial Galaxia, arranca unha actividade que vai permitir a case que 800 escolares galegos ter un encontro co escritor Domingo Villar quen os levará a visitar os escenarios reais nos que está ambientada a súa novela 'A praia dos afogados'. Unha […]