Agustín Fernández Paz, novo Honoris Causa pola Universidade de Vigo

O escritor Agustín Fernández Paz, que hai unhas semanas era nomeado Socio de Honra por Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), será investido proximamente Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo a proposta do departamento de Filoloxía Galega e Latina. O Consello de Goberno aprobou onte a súa designación. O vicerrector da Universidade […]

A literatura galega escoitouse en Bos Aires

Hai uns días celebrouse en Bos Aires a "Noite dos Museos", unha actividade que implica o desenvolvemento dunha morea de ofertas culturais, gratuítas todas, e que desta volta agasallou aos que participaron cunha actividade novidosa na Arxentina -antes xa se realizara en Berlín no ano 2010- chamada "Caja Urbana de Voces Otras" e na que […]

Proclamenos o Ano Francisco Fernández del Riego

Tal día coma hoxe, hai dous anos, deixábanos Francisco Fernández del Riego, un dos fundadores de Galaxia, director da Fundación Penzol durante décadas e, sobre todo, guieiro e facho sempre aceso na procura dun horizonte de luz para a nosa terra. E co fin de mostrar a súa inmensa dimensión no ámbito cultural do século […]

María Fumaça fixo festa na Coruña

O pasado venres, algúns dos músicos da familia María Fumaça, ofreceron un concerto que serviu de presentación para este libro-disco-DVD que está a arrasar alí onde chega. Unha locomotora de música, alegría e festa que contaxia e que non deixa a ninguén indeferente. Desta volta, na FNAC coruñesa, Uxía, Sergio Tannus, Magín Blanco, Andrés Giráldez, […]

'Laura no deserto' de Antón Riveiro Coello, candidata ao Premio Casino de Santiago

Xa hai finalistas para a décima edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago, que recoñece as mellores novelas europeas do ano. Nesta edición, 'Laura no deserto' de Antón Riveiro Coello atópase entre as seleccionadas. Terá que competir coas obras 'De vidas ajenas', de Emmanuel Carrère, editada por Anagrama, 'Con el agua al cuello', de […]

Os 'Bicos de música' de Mamá Cabra xa nas librerías

Esta semana chegará ás librerías do país o novo libro-CD-DVD de Mamá Cabra, 'Bicos de música', terceiro traballo en Galaxia, acompañado dun DVD no que participaron Televisión de Galicia e Pórtico Audiovisuales que permitirá acompañar ao grupo ao longo dun día, dende o instante no que se xuntan para ensaiar, moi de mañá, ata que […]

Os 'Bicos de música' de Mamá Cabra comezan a súa andaina por Galicia

Este venres, ás 18'30, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago, Mamá Cabra subirá ao escenario para presentar o seu novo libro-disco-DVD, 'Bicos de música', terceiro traballo coa Editorial Galaxia despois de 'Ola, ola, la!' e 'Xa me tardan estes Magos'. Como nas tres ocasións anteriores, a ilustradora Kristina Sabaite é a encargada de lle poñer […]

MARÍA FUMAÇA na FNAC da Coruña

Este venres, ás 18:30 h, terá lugar na FNAC da Coruña a presentación deste proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro máis un CD e un DVD que gravita arredor da festa e da felicidade, pero tamén arredor de Ruí, un cativo que a pesar das súas dificultades pode gozar da música, cantar e […]