Hoxe en Compostela preséntase O FUTURO É POSIBLE

Xa está distribuído nas librerías "O futuro é posible", libro de memorias políticas de Emilio Pérez Touriño, expresidente da Xunta de Galicia e exsecretario xeral do Partido Socialista de Galicia-PSOE. Editorial Galaxia presentará o libro, co autor e o ensaísta Ramón Maiz, hoxe xoves 22 de novembro, ás 19:30 h, no salón de actos do […]

Presentación do GRIAL 195 na Coruña

Este xoves presentarase na Coruña, na Fundación Barrié, o número 195 da revista GRIAL. No acto participarán Víctor F. Freixanes, codirector da revista, Ana J. Varela, voceira da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié, Fernando González Laxe, presidente da Asociación Bolseiros, Toni García, coordinador de Diálogos da Fundación Barrié, Javier López, director xeral da Fundación […]

María Fumaça arrasou en Vigo

O pasado sábado presentouse en Vigo, nun concerto coa familia María Fumaça case que ao completo, o libro-disco-DVD de mesmo nome, nunha Casa do Libro que quedou pequena diante da afluencia de público, familias enteiras, que quixeron vir coñecer este proxecto editorial e musical que gravita arredor dun cativo moi especial, Ruí, para quen un […]

Éxito rotundo de Benigno Campos na presentación do novo libro

Onte, as instalacións da Casa do Libro de Vigo quedaron pequenas para acoller a tantísimo público como se concentrou para asistir á presentación da terceira entrega das receitas de Benigno Campos e que desta volta titulou 'Volve a cociña de Larpeiros'. Na presentación, o autor volveu insistir no seu discurso máis forte e máis interesante, […]

Aniversario de Francisco Añón

Ramón Blanco é o autor do relato biográfico e tamén se encargou de seleccionar e editar os textos desta nova edición da obra do poeta de Outes. Francisco Añón é un dos autores fundamentais na historia da poesía galega do século XIX. A obra seleccionada nesta antoloxía inclúe as diferentes facetas ou rexistros líricos do […]

'Larpeirizando' o país.

Non hai unha semana aínda do lanzamento do novo libro de Benigno Campos, 'Volve a cociña de Larpeiros' e xa podemos afirmar que na Editorial Galaxia estamos a pensar nunha nova edición, pois os 8000 exemplares que sacamos a mediados da semana pasada, están xa practicamente esgotados. Poucas veces un lanzamento editorial ten sido tan […]

Presentación de 'María Fumaça', libro-CD-DVD, en Vigo

Despois da presentación de onte na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela, segue a xeira de presentacións de 'María Fumaça', un proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro máis un cd e un dvd que gravita arredor da festa e da felicidade, pero tamén arredor de Ruí, un cativo, coma tantos e coma tantas, que […]

Volve a cociña de Larpeiros

Xa está chegando ás librerías de todo o país o novo libro do cociñeiro Benigno Campos quen, desta vez, decidiu titular o seu traballo 'Volve a cociña de Larpeiros', título ben acaído pois a súa é unha cociña xa coñecida, e seguida, por milleiros de galegos e galegas que atopan nas súas propostas, receitas sinxelas […]