Publicamos o libro-disco de Najla Shami dedicado a Rosalía de Castro

Estes días irá chegando ás librerías de todo o país, o libro-disco de Najla Shami, dedicado a Rosalía de Castro, 'Na lingua que eu falo', un fermoso traballo musical ilustrado coas fotografías de Ainoa Calvo e na que Najla Shami musica algúns dos poemas de Rosalía ao tempo que nos ofrece temas de seu de […]

Setembro

Rematan as vacacións e pouco a pouco volvemos á realidade. Este mes de agosto foi duro para nós. Entre outras razóns porque deixamos algúns amigos importantes no camiño, entre eles, Benxamín Casal Vila, presidente de Editorial Galaxia, exemplo de alento, optimismo, conciliación de vontades e confianza no futuro. Ímolo botar moito en falta. Pero seguimos. […]

Finou en Lugo Benxamín Casal

Unha noticia triste. En pleno mes de agosto déixanos, de súpeto, Benxamín Casal Vila, presidente de Editorial Galaxia dende o ano 2012. Sucedera no posto a Xaime Isla Couto e, en gran medida, representaba a súa continuidade polo seu talante, pola súa xenerosidade, polo seu entusiasmo e a súa enorme curiosidade diante dos grandes desafíos […]

Un verán de libros

Na Editorial Galaxia marchamos, tamén, de vacacións ata os primeiros días de setembro e, como cada ano, queremos lembrar a importancia de 'agostear' entre palabras e libros de nós. Porque o verán é tempo, sempre, para facer as cousas que non se poden facer durante o ano ou, cando menos, aquelas á que nos gustaría […]

Najla Shami presenta na Feira do Libro coruñesa «Na lingua que eu falo»

A cantante palestino-galega Najla Shami, presentou onte no marco da Feira do Libro, acompañada polos editores Víctor F. Freixanes e Francisco Castro, no ano do 150 aniversario de 'Cantares Gallegos', «Na lingua que eu falo», un libro-disco cun coidado deseño no que a cantante compostelá mestura a súa bagaxe cultural dos dous mundos coas súas […]

Concerto dobre de Mamá Cabra na Coruña

Onte, Pablo Díaz arrasou cun grande éxito na Semana da Música Infantil na Feira do Libro que a Editorial Galaxia organizou para a cita herculina con seis concertos seguidos, completamente de balde, cada día ás 20 horas, dirixido ao público familiar. Hoxe xoves, será Susa Herrera a encargada de deleitar a todas e todos os […]

Presentouse 'Bágoa de lúa' na Coruña

A escritora Sabela González, acompañada polo editor Francisco Castro, presentaron o pasado venres na Feira do Libro da Coruña, o primeiro tomo da triloxía 'As crónicas de Landereina' que leva por título 'Bágoa de lúa'. A carpa encheuse para escoitar o que se falou sobre este libro que nos conta a historia da amazona Berenguela […]

Concerto de Susa Herrera na Feira do Libro da Coruña

A cantante Susa Herrera participará, dentro da Semana da Música Infantil na Feira do Libro da Coruña, nun concerto no que interpretará temas do seu libro-disco Animais EnCantadores. Despois do éxito no arranque deste ciclo de música infantil, a cargo de Uxía o luns e martes, a cantante Susa Herrera, unha das intérpretes que máis […]