Finou en Lugo Benxamín Casal

Categoría: Nova

Unha noticia triste. En pleno mes de agosto déixanos, de súpeto, Benxamín Casal Vila, presidente de Editorial Galaxia dende o ano 2012. Sucedera no posto a Xaime Isla Couto e, en gran medida, representaba a súa continuidade polo seu talante, pola súa xenerosidade, polo seu entusiasmo e a súa enorme curiosidade diante dos grandes desafíos que o século plantea á nosa lingua é a nosa cultura.
Benxamín Casal incorporouse moi cedo ao equipo da editorial e ás súas fundacións, e participou moi activamente nos cambios que nos últimos tempos acometemos e estamos a acometer. Poucos coma el eran tan conscientes da necesidade de afrontar o futuro dende a creatividade, asumindo iniciativas, nunca abaixándose.

"…que na unión dos bos galegos
está da patria o porvir!"
M. Curros Enríquez

Don Benxamín Casal Vila
Presidente de Editorial Galaxia

finou onte en Lugo, aos 78 anos de idade, rodeado do afecto dos seus familiares e amigos,

os que o admiramos e quixemos en vida nunca esqueceremos a súa entrega, o seu entusiasmo, a súa xenerosidade e o seu exemplo, que nos acompañará sempre.
Deixou escrito Luis Pimentel:
"aínda lle queda á noite un acorde de acibeches…"

Editorial Galaxia
Revista Grial
Fundación Penzol
Fundación Otero Pedrayo
Fundación Isla Couto

Lugo, 31 de agosto de 2013

Compartir na redes sociais: