Nova edición de 'Os outros feirantes' de Cunqueiro

O tópico di que un clásico é un clásico porque resiste o paso do tempo. Italo Calvino engadía que un clásico é aquela obra que ten unha mensaxe para o seu tempo pero tamén para os tempos futuros. E case que hai tantas definicións posibles para "clásico" coma lectores e lectoras. Sexa coma for, Álvaro […]

Outono

No outono caerán, como sinala o tópico literario, moitas follas en forma de libros. Coma noutras estacións. Mais, desta volta, para a nosa editorial, serán follas ateigadas de ilusión. Sempre o son, abofé, mais neste outono que agora encetamos a Editorial Galaxia disponse a andar vieiros novos nunca ensaiados antes, pero que veñen presididos polo […]

'Negra sombra' de Najla Shami (Video Oficial)

No pasado mes de xullo presentabamos 'Na lingua que eu falo', o libro-disco que a cantante Najla Shami dedicou a Rosalía de Castro. Dende a súa saída está a colleitar unha importante cantidade de boas críticas e unha grande aceptación por parte do público. En datas vindeiras anunciaremos o concerto co que presentaremos (o da […]

Once anos sen Roberto Vidal Bolaño

O tópico fainos pensar que pasado o 17 de maio xa non parece tempo de seguir falando do persoeiro homenaxeado no día grande das nosas letras. Sen embargo, e aínda que decae obxectivamente falando o interese mediático, aínda restan durante o ano unha morea de actos, sobre todo de corte académico, así como novas representacións […]

Segunda edición para 'Bícame Frank'

Durante agosto foi chegando ás librerías de todo o país a segunda edición da nova aventura do detective creado por Miguel Anxo Fernández, Frank Soutelo. En principio, a nova non tería por que ter nada de especial. Por fortuna, son moitos os libros galegos que esgotan edición e levan ao prelo a segunda. Mais no […]

Setembro

Rematan as vacacións e pouco a pouco volvemos á realidade. Este mes de agosto foi duro para nós. Entre outras razóns porque deixamos algúns amigos importantes no camiño, entre eles, Benxamín Casal Vila, presidente de Editorial Galaxia, exemplo de alento, optimismo, conciliación de vontades e confianza no futuro. Ímolo botar moito en falta. Pero seguimos. […]

O 'Ulises' de James Joyce sairá en galego

O proxecto de tradución e publicación de Ulises insírese na colección Clásicos Universais, que presta atención especial ás obras fundacionais da tradición literaria contemporánea. A novela de James Joyce é unha das obras que inician a tradición literaria moderna, fundamental para o desenvolvemento non só da narrativa senón da propia concepción da literatura a partir […]