Onte, Pablo Díaz arrasou cun grande éxito na Semana da Música Infantil na Feira do Libro que a Editorial Galaxia organizou para a cita herculina con seis concertos seguidos, completamente de balde, cada día ás 20 horas, dirixido ao público familiar.
Hoxe xoves, será Susa Herrera a encargada de deleitar a todas e todos os que pasen por alí co seu espectáculo 'Animais enCantadores'.
O ciclo rematará coa visita, venres e sábado, de Mamá Cabra, quen ofrecerá dous concertos acústicos, o do venres, centrado no seu libro-disco-DVD 'Ola, ola, la!', e o sábado, 'Bicos de música'.
O colofón perfecto a unha semana cheo de risos, música e baile.