Segunda edición para 'A forma das nubes'

Que María López Sández é unha das autoras emerxentes e con máis proxección da nosa literatura é un feito absolutamente innegable e no que coinciden lectoras e lectores e todo o mundo da crítica. A pesar de que a coñeciamos polo seu labor investigador, hai algo máis dun ano sorprendíanos gañando o Premio Repsol de […]

Convocado o IV Concurso Inspiraciencia

INSPIRACIENCIA é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico e participativo. A ciencia e a literatura recorren á creatividade para encarar novos retos. Combinalas pode xerar novas e frescas ideas en direccións imprevisibles. Inspiraciencia pretende ser un espazo aberto a todo o mundo onde […]

Manuel Janeiro: 'Contar é un forma más intensa de vivir'

1.- Que supón esta nova novela no conxunto da túa obra? A verdade é que nunca o pensara, pero claro, a pregunta dáme a ocasión de facelo. Venme a mente o recorrido do tren que une Vigo con Madrid ao seu paso pola provincia de Zamora. Ese tramo cheo de túneles. Esta novela é, como […]

Eduardo Blanco Amor: supervendas da literatura galega

Semella haber unha especie de unanimidade nunca explicitada pero si asumida respecto a que a gran novela galega é 'A Esmorga' de Eduardo Blanco Amor. Daí a expectación que está a causar a rodaxe da película de Ignacio Vilar sobre ese título. Sen embargo, Eduardo Blanco Amor é moito máis que a gran historia do […]

O grande clásico do noso teatro, sempre en Galiza

O grande clásico do teatro galego é esta 'farsa en tres lances', como presentou o propio Castelao a súa 'Os vellos non deben de namorarse' que agora ven de chegar á sexta edición dentro da Biblioteca Castelao da nosa editorial. Obviamente, as edicións postas nas librerías son moitísimas máis, pero dende hai moitos anos, na […]

'A cea' de Herman Koch chega á segunda edición

'A cea' de Herman Koch recibiu, hai uns anos, o prestixioso Premio de Novela Europea. A nosa editorial publicouna en 2012 e, dende o momento inicial da súa saída, gozou do favor do lectorado máis esixente e namorado da boa literatura. Estes días e co gallo da súa reimpresión, chega de novo ás librerías de […]

Presentación de 'A lúa da colleita' de Anxos Sumai en Santiago

Este mércores presentarase en Santiago a novela gañadora do Premio de Novela Manuel García Barros 2013 e que recaeu na obra de Anxos Sumai, 'A lúa da colleita'. Participarán no acto, xunta a autora, o escritor Xosé Monteagudo e o director literario de Galaxia, Carlos Lema. Preguntada a autora sobre como definiría o libro, di: […]

Xornada de debate arredor do libro 'Para que nos serve Galiza?' en Ourense

O libro co que Xaime Subiela gañou o Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2012 sigue a ser materia de debate en todos os puntos do país. Desta volta, será na cidade de Ourense, no Liceo. O autor estará acompañado por Xosé Ramón Quintana Garrido, Xosé Manuel Pérez Bouza e Iolanda Pérez Docampo. No ensaio reflexionase […]