O libro co que Xaime Subiela gañou o Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2012 sigue a ser materia de debate en todos os puntos do país. Desta volta, será na cidade de Ourense, no Liceo.
O autor estará acompañado por Xosé Ramón Quintana Garrido, Xosé Manuel Pérez Bouza e Iolanda Pérez Docampo.
No ensaio reflexionase sobre a natureza e o rol do pensamento galeguista no século XXI, sobre que características debe ter para constituirse en elemento inclusivo e asumible, non excluínte ou xerador de rexeitamento, sobre a idea de nación como construción humana, social e colectiva fronte ao concepto de algo físico e inmutable ou sobre os desafíos de unha redefinicón do pensamento galeguista construído en rede, de xeito participativo, entre outros asuntos.