Presentación en Vigo de "O sexo masculino dos anxos"

Rodeado de incondicionais e flanqueado polo profesor de arte dramárica, editor e escritor, Damián Villalaín, e mais polo director de Galaxia, Víctor F. Freixanes, Manuel Janeiro presentou en Vigo a súa última produción literaria: "O sexo masculino dos anxos".
Dous actores mozos, Pedro Placer e Pablo Carrera, puxeron primeiro en escena un breve diálogo entre os […]

'Nimbos' xa no prelo

Está xa a piques de saír do prelo o poemario de Xosé María Díaz Castro, 'Nimbos', Nesta nova edición ten moito que ver o poeta Luis Gonzalez Tosar, quen mantivo unha estreita relación con Díaz Castro nos derradeiros anos da vida do de Guitiriz, sobre todo a través das páxinas da revista Dorna. Desta volta, […]

Maternosofía: moito máis ca un libro

Esta semana irá chegando ás librerías de todo o país o novo libro de Inma López Silva titulado 'Maternosofía', ou, como a propia autora recoñece, o embarazo da escritora primípara e no que, entre outras cousas, se pregunta se hai equivalencia entre escribir e parir, escrito cunha linguaxe coloquial, como quen dialoga permanentemente con quen […]

'Nimbos de luz' chega a Vigo

A exposición Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz, promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e producida por Editorial Galaxia/Merlín Comunicación, chega a Vigo, despois da súa inauguración en Guitiriz, vila natal do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2014. Comisariada por Alfonso Blanco Torrado, Luís González Tosar e Armando Requeixo, […]

Presentación de O SEXO MASCULINO DOS ANXOS de Manuel Janeiro en Vigo

Este xoves será presentado en Vigo a novela de Manuel Janeiro, 'O sexo masculino dos anxos'. O acto será introducido por unha peza teatral breve titulada Desamordazamento e interpretada polos actores Pedro Placer e Pablo Carrera. Intervirán na presentación, xunta ao autor os escritores Víctor F. Freixanes (editor, académico da RAG) e Damián Villalaín (columnista, […]

'Entre fronteiras' de Xavier Alcalá, de novo nas librerías

No ano 2004 o escritor Xavier Alcalá botaba a andar un proxecto literario que, enmarcado baixo do nome de EVANXÉLICA MEMORIA, daba ao prelo o seu primeiro título, 'Entre fronteiras'. Era este un primeio achegamento á historia da represión da comunidade evanxélica en Galicia e que terá continuidade nos seguintes volumes titulados 'Nas catacumbas' e […]

Segunda edición en catro meses para o libro de Berta Dávila

No mes de setembro pasado recibiamos a grata nova de que Berta Dávila era a gañadora do Premio Repsol 2013. O título da novela era 'O derradeiro libro de Emma Olsen'. Coincidindo co Culturgal, no mes de decembro pasado, vía a luz e chegaba ás librerías do país. Só catro meses despois, anunciamos a saída […]

'Bágoa de lúa' finalista do II Premio Muíño do Vento

Hai moitos premios literarios. E un dos máis singulares é o PREMIO DE TEXTOS DE CONTRAPORTADA MUÍÑO DO VENTO que convoca a Asociación Socio-Cultural de Canido-Ferrol, e que xa vai pola súa segunda edición. O certame pretende recoñecer unha parte dos libros que non por discreta é menos importante, como é a redacción dos textos […]