Presentación de 'A lúa da colleita' de Anxos Sumai en Santiago

Categoría: Nova

Este mércores presentarase en Santiago a novela gañadora do Premio de Novela Manuel García Barros 2013 e que recaeu na obra de Anxos Sumai, 'A lúa da colleita'.
Participarán no acto, xunta a autora, o escritor Xosé Monteagudo e o director literario de Galaxia, Carlos Lema.
Preguntada a autora sobre como definiría o libro, di: "É un libro que ten máis lecturas das que fun consciente mentres a escribía. Cando a traballaba, pretendía mostrar unha concepción holística do ser humano, coas súas partes de sombra e as súas partes de luz. E despois do escrito, decateime de que ía reflexionando sobre moitos temas que me interesaban, que me preocupaban… Definilo con maior concreción cústame moito. Tería que escribir un libro enteiro para explicalo".

Compartir na redes sociais: