Presentouse o Roteiro Casares en Ourense

O sábado 8 de marzo presentouse no Liceo de Ourense o "Roteiro pola vida e obra de Carlos Casares", un itinerario de 19 puntos da cidade relacionados coa súa vida e a súa obra. No acto interviñeron Xavier Casares e Xosé Manuel Soutullo, en representación das tres entidades promotoras: o Liceo de Ourense, a Fundación […]

'Cartas que veñen e van' xa en Spotify e en iTunes

Como ven sendo habitual, imos subindo ás plataformas dixitais a música dos nosos libro-discos, non só dos infantís, senón tamén doutros dos que iremos informando nos días sucesivos. Esta semana pasada, subimos a Spotify e iTunes a música presente no libro-disco de Susa Herrera e Mamá Cabra, 'Cartas que veñen e van', un proxecto musical […]

Roteiro literario en Ourense arrededor da memoria de Carlos Casares

Durante 17 anos foi director da Editorial Galaxia, e dende 1989 ata o seu falecemento en 2002 director da revista GRIAL, mais sobre todo foi una das personalidades máis activas da vida cultural da Galicia do derradeiro tercio do século XX e unha das figuras máis sobranceiras das nosas letras. Os libros de Carlos Casares, […]

Mamá Cabra en Compostela

Compostela acolle por primeira vez dous espectáculos de 'Mamá Cabra' o día 9 de marzo. Pola mañá 'Cartas que veñen e van' e logo á tarde 'Bicos de Música'. Por partida dobre chega Mama Cabra á capital galega. O exitoso grupo de música para todos os públicos chega ao Teatro Principal compostelán para presentar alí […]

Presentación de 'O sexo masculino dos anxos' de Manuel Janeiro na Guarda

A libraría LIBRAIDA e a Editorial Galaxia organizan a presentación do libro "O SEXO MASCULINO DOS ANXOS" de Manuel Janeiro en Gondomar. O acto celebrarase o xoves, 6 de marzo, ás 20:30 na libraría Neste novo traballo de Janeiro, o desenvolvemento do relato comeza na década dos 70. Unha época na que se fragua a […]

A película 'A Esmorga' chega ás escenas definitivas

A rodaxe do filme 'A esmorga' continúa e avanza segundo o plan previsto. Nesta semana, o martes 4 e o mércores 5 de marzo, rodaranse algunhas das secuencias máis importantes da película nun escenario construído e ambientado polo equipo de arte da película na localidade do Carballiño. O martes 5, sobre as 16:30-17h, contaremos coa […]

Armando Requeixo le a súa tese sobre Díaz Castro

O pasado 28 de febreiro, na sala de actos da facultade de Filoloxía, en Santiago de Compostela, Armando Requeixo defendeu cos máximos honores a súa tese de doutoramento sobre Xosé María Diaz Castro, o autor de "Nimbos", a quen este ano a RAG dedicou o Día das Letras Galegas. Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, […]

Os 50 anos da revista GRIAL en 'El siglo de Europa'

Na ligazón da dereita deixamos, en formato PDF, a reportaxe, en tres páxinas, que a revista 'El siglo de Europa' dedicou aos 50 anos da revista GRIAL, e na que se ofrece unha longa e completa entrevista cos dous co-directores da publicación, Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo. Na mesma, reflexionan arredor do país e […]