María Solar recolleu o Premio Lazarillo en Madrid

A escritora María Solar, que hai un par de semanas era recoñecida co Premio Lazarillo de Creación Literaria pola súa obra 'O meu pesadelo favorito' que Galaxia publicará, ilustrado por María Lires, no primeiro trimestre de 2015 na súa colección Árbore, recibiu o pasado sábado, dentro dos actos do Salón do Libro, o galardón en […]

Os Tres TENedORES en Santiago

Os Tres TENedORES presentarán o seu COCIDO SINFÓNICO na librería Barco de Papel de Santiago este martes ás 18.00 horas. Será unha oportunidade magnífica para que toda a rapazada da cidade compostelana se achegue a esta música interpretada polos tres cociñeiros máis tolos que nunca se viron nin se verán. A entrada é de balde […]

Faleceu en Buenos Aires Miguel Espiño

Foi una morte súpeta, inesperada, e por tanto se cadra aínda máis dolorosa. Un accidente de trafico. O pasado día 8 de xaneiro, cando saía dunha reunión de traballo verbo da organización e lanzamento dos primeiros títulos do proxecto Mar Maior en Arxentina, xunto coa súa dona, Nelly, Carlos Brandeiro e Xavier Alcalá, un camión […]

Francisco Fernández del Riego, 102 anos e o cuestionario Proust

Ramón Nicolás leva moito tempo dinamizando a nosa vida literaria a través, tamén, das redes a través do seu excelente blogue Caderno da Crítica. Un dos apartados máis gorentosos é o Cuestionario Proust no que unha cantidade xa non pequena de autoras e autores responden exactamente ás mesmas preguntas. Onte, coincidindo co que sería o […]

A ESMORGA, nominada aos Premios Goya 2015 na Categoría de Mellor Guión Adaptado

O filme do ourensán Ignacio Vilar, A ESMORGA (Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG), que pechou 2014 converténdose nun éxito indiscutible do cinema galego estrea 2015 facendo novamente historia e acada unha nominación na categoría de mellor guión adaptado aos Premios Goya da Academia do Cine Español á primeira longametraxe de fición rodada en […]

Haruki Murakami abrirá unha web para comunicarse cos seus lectores

O escritor xaponés Haruki Murakami terá temporalmente unha web na que a partir do próximo 15 de xaneiro comunicarase por escrito cos seus lectores. O portal, chamado «Murakami san non tokoro» («O espazo do señor Murakami»), estará aberto do 15 ao 31 de xaneiro para recibir preguntas e consultas que o escritor responderá ata marzo. […]

Mateo Ramos, de Alfoz, gaña o Premio de Cartas ao Apalpador

Este ano, o premio para agasallar as mellores cartas escritas ao Apalpador, certame organizado polo colectivo Irmandade dos Apañacastañas, lévao Mateo Ramos Rega, de once anos, que estuda no CEIP Castro de Ouro de Alfoz, cunha carta que emocionou ao xurado pola súa sincera tenrura. Conta que a súa cadela Laika xa non xogaba con […]

O ano que vén, a Editorial Galaxia cumprirá 65 anos

En xullo de 2015, a Editorial Galaxia cumprirá 65 anos. Un número de anos, polo tanto, ben importante no que nos moveu, en todo o momento, a todos os equipos e persoas que lideraron e fixeron a Editorial, o mandado fundacional daquel 25 de xullo de 1950 de servir ao galego, á cultura galega e […]