Conmemoración do centenario do nacemento de Álvarez Blázquez

Este luns o presidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta de Haz e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantiveron unha xuntanza de cara a empezar a organizar os actos de conmemoración do centenario do nacemento de Xosé María Álvarez Blázquez, xunto coa familia do escritor e editor. Ambos os dous acordaron lembrar en febreiro o […]
Espantallo Amigo en Ferrol

Nadal en Rede levará a sete localidades da Rede de Dinamización Lingüística unha nova adaptación teatral de Espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas, que chega da man dos Quinquilláns, nunha revisión na que Lucho Penabade e Tero Rodríguez continúan a historia orixinal contada polos adultos que lle deron vida á trama orixinal da novela neiraviliana. […]