Faleceu en Buenos Aires o pintor Manuel Cordeiro

Ás 18 horas, horario arxentino, do xoves día 10 de maio faleceu no hospital do Centro Galego de Buenos Aires o pintor Manuel Cordeiro Monteagudo. Era o derradeiro supervivinte da xeración que participou no Primeiro Congreso da Emigración Galega (Buenos Aires, 1956). Nacera na Coruña en 1927; formouse con Vales Villamarín e chegou emigrante ás […]

Presentación de UN POZO MOI FONDO na Estrada

Este xoves continúa a xeira de presentacións dunha das obras que máis están chamando a atención nos últimos meses. Referímonos á obra do doutor José Luis Iglesias Diz, 'Un pozo moi fondo. Anorexia, bulimia e outros transtornos da conduta alimentaria'. Neste caso, estaremos na Estrada, ás 20.30 no Museo do Moble e da Madeira. Participan […]

Libros de texto para o século XXI

O ano pasado, a nosa editorial tiraba do prelo os libros de 1º e 3º da ESO da asignatura de Lingua Galega e Literatura, dous volumes que sorprenderon positivamente entre o profesorado do noso país xa non só polo seu tratamento pegado ao currículo oficial, a súa aposta pola oralidade a través dos audios, senón, […]

Conversa con Rogelio Groba

O acto celebrado no auditorio Reveriano Soutullo contou coa presenza do autor, Manrique Fernández, e do protagonista do relato, Rogelio Groba, así como do director xeral de Galaxia, Víctor Freixanes, e do alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla. Diabolus in música é un libro de conversas que repasa a vida de Rogelio Groba, incidindo na […]

Presentouse UN POZO MOI FONDO en Santiago

O pasado venres, dentro do marco dos actos da Feira do Libro de Santiago, presentouse o libro de José Luis Iglesias Diz, 'Un pozo moi fondo'. No acto, o autor estivo acompañado por Nieves Herrero, profesora da Facultade de Filosofía e vogal de ABAGAL (Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia), e o editor Francisco […]

Mercedes Queixas e Antón Riveiro Coello, gañadores nos premios da AELG

O pasado sábado, e como cada ano, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega celebrou a tradicional Cea das Letras nas que se deu a coñecer as obras gañadoras como as mellores do ano nas distintas categorías. Nesta ocasión, dous libros de Editorial Galaxia resultaron escollidos polos socios e socias os mellores de […]

Presentación de UN POZO MOI FONDO

Participan Francisco Castro, editor, Nieves Herrero, vogal de ABAGAL (Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia), e o autor, o doutor José Luis Iglesias Diz. Un pozo moi fondo pretende ser unha guía útil para as familias, os docentes, e os propios doentes, para saber como enfrontarse aos trastornos da conduta alimentaria. Nunha linguaxe clara […]

Presentación de DIABOLUS IN MUSICA en Ponteareas

O acto terá lugar hoxe venres, ás 20:30 h, no Auditorio Reveriano Soutullo, e contará coa participación de Salvador González Solla, alcalde de Ponteareas, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Rogelio Groba, músico, e o autor, Manrique Fernández. Haberá unha actuación do Trío Cassadó (violín, chelo e piano). Rogelio Groba é instrumentista, director, pedagogo […]