Este xoves continúa a xeira de presentacións dunha das obras que máis están chamando a atención nos últimos meses. Referímonos á obra do doutor José Luis Iglesias Diz, 'Un pozo moi fondo. Anorexia, bulimia e outros transtornos da conduta alimentaria'. Neste caso, estaremos na Estrada, ás 20.30 no Museo do Moble e da Madeira.
Participan o editor, Francisco Castro, a representante das ANPAS da Estrada, Kim Llobet, o representante dos centros escolares, Enrique Otero, o Concelleiro de Sanidade, Turismo e Relacións Institucionais, Óscar Rancaño, e o autor, José Luis Iglesias Diz.