Neira Vilas presentou 'Esperando o leiteiro'

Xosé Neira Vilas presentou onte na biblioteca que leva o seu nome, en Vigo, a súa nova novela (que publicamos ao mesmo tempo en formato eBook), 'Esperando o leiteiro'. No acto participou a actriz Uxía Blanco lendo algúns fragemntos da obra. Tamén interviron, canda o autor, a concelleira de Cultura e Festas de Vigo, Isaura […]

Os biógrafos de Paz-Andrade reuníronse na Penzol

Unha queixa xeralizada de todos os que interviron foi o fondo descoñecemento que existe da súa figura e da súa obra por parte da opinión pública. Neste senso, actos coma o de onte, coa sala da Casa Galega da Cultura de Vigo totalmente chea, axudarán a divulgar o traballo a prol de Galicia dun home […]

Grande éxito do I Outlet do Libro Galego de Ocasión de Allariz

O libro galego de ocasión conta xa cunha experiencia de éxito grazas á colaboración do Concello de Allariz, a Librería Airas das Letras e aos editores galegos. A fin de semana pechouse cunha notable asistencia de público maioritariamente familiar. Puxéronse á venda 648 títulos dos máis diversos xéneros a prezos exclusivos para esta tenda outlet, […]

Chega ás librerías 'Castelao na luz e na sombra'

Chega o Día das Letras Galegas e, con el chega tamén a obra, certamente monumental (en contidos, en profundidade, mais tamén en extensión) que Valentín Paz-Andrade dedicou á figura de Castelao e que titulou 'Castelao na luz e na sombra'. A obra vira a luz no xa afastado 1982, cando Paz-Andrade xa tiña máis de […]

Hoxe "O Pulso da Terra" en TVG2

Esta noite, ás 22.45, a segunda canle da TVG emitirá o directo que acompaña a biografía, escrita por Fernando Neira, 'Berrogüetto. O pulso da terra' e que publicamos hai uns meses, con grande éxito de público e crítica. Todos aqueles que non teñan o libro, que ademais do directo que hoxe pasará a TVG 2 […]

Presentación de A PRINCESIÑA QUE CONDUCÍA UNHA LOCOMOTORA

Clara do Roxo presenta este seu primeiro libro mañá ás 20 horas na librería Librouro de Vigo. Estará acompañada neste acto por Francisco Castro, editor, e Ledicia Costas, escritora. A pesar de que é o seu libro de debut, Clara do Roxo ten xa unha sólida traxectoria alicerzada nos derradeiros anos coa consecución dun mollo […]

'Un pozo moi fondo' presentouse na Estrada

(As fotos son cortesía da revista www.catrogatos.com) Onte pola tarde no Museo do Moble e da Madeira (MOME) o Doutor Jose Luis Iglesias Diz, médico no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago na unidade de pediatría e profesor asociado de Ciencias da Saúde, presentou o seu libro 'Un pozo moi fondo. Anorexia, bulimia e outros trastornos […]

Contos arredor do microondas

Un vello bibliotecario contacontos está a facer as delicias de todos os públicos co espectáculo, creado por Merlín Comunicación e Adarme Visual, para o programa falaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, "O Señor das dunas". Estamos diante dun espectáculo dirixido a grandes e pequenos no que o narrador divaga sobre diversas historias mentres que […]