Xurxo Sierra Veloso gaña o Premio Repsol

Esta semana tivo lugar na Fundación Luís Seoane da Coruña o fallo do IV Premio Narrativa Breve Repsol. O acto estivo presidido por Cristina Rubal González, Subdirectora Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística (Secretaría Xeral de Política Lingüística); Javier Inclán de la Cuesta, Director da Área Social e Institucional da Fundación Repsol; e Francisco Pillado […]
Fermín Penzol: a necesidade de facer memoria

Onte, con asistencia de numeroso público, inaugurouse na Casa Galega da Cultura, sede da Fundación Penzol, a mostra, Fermín Penzol. Unha obra para un país. O acto abriuse coa intervención de Alfonso Zulueta de Haz, vicepresidente da Fundación, quen comezou agradecendo a familia do homenaxeado a súa presenza no acto inaugural. Despois, explicou que con […]
Caneiro presenta en Ourense UN ÚLTIMO DESTINO

O escritor Xosé Carlos Caneiro presenta a súa nova novela, Un último destino. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia. A novela cóntanos a historia de Elisardo Buenaventura, que regresa durante un mes a Dalmara, a vila dos seus antepasados: o seu pai, un orate desequilibrado por amor, e o seu avó, […]
Homenaxe a Fermín Penzol

A Casa Galega da Cultura de Vigo acolle dende hoxe e ata o vindeiro 30 de novembro a exposición-homenaxe a Fermín Penzol, mecenas da cultura, que en 1963 constituíu o fondo bibliográfico e arquivístico máis importante do galeguismo contemporáneo. Son miles de libros, documentos, cartas, folletos, carteis, manuscritos, mapas, prensa legal e clandestina, teses de […]
Os cárceres e a memoria dos presos do franquismo

Estes días chega ás librerías de todo o país o libro de Domingo Rodríguez Teijeiro, 'Presos e prisións na Galicia de guerra e posguerra. 1936-1945', un estudo esencial para un mellor coñecemento do proceso de represión franquista. Para a escrita deste rigoroso ensaio, o autor bebeu en toda clase de fontes, tanto as de carácter […]
Ánjel Lertxundi, gaña o Nacional de Ensaio

O escritor Ánjel Lertxundi gañou onte o Premio Nacional de Ensaio, dotado con 20.000 euros, pola súa obra en eúscaro 'Eskarmentuaren paperak' (Os papeis da experiencia), un ensaio en parte autobiográfico ó ter como eixo central os seus propios recordos. No catálogo da editorial Galaxia temos publicadas tres das súas novelas para mozos e mozas, […]
Ola, ola, la!… Abrapalabra!

Máis de 700 actividades, repartidas por toda Galicia e dirixidas a rapaces e rapazas dos 3 aos 18 anos, integran este ano o programa Bocaberta, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística avanzou o pasado venres en Santiago de Compostela e no que a Editorial Galaxia ten un protagonismo moi especial co desenvolvemento de dúas […]
No pasamento de Suso Díaz

Onte coñeciamos a terrible nova do pasamento repentino de Suso Díaz, un dos nomes esenciais do teatro galego, membro de Sarabela Teatro e que, na actualidade, estaba, dentro dos seus moitos proxectos teatrais, desenvolvendo con Galaxia e o Xacobeo a campaña que titulamos 'O fillo do trono'. Na foto coa que ilustramos esta nota, vémolo […]