Para abrir Vigo a todos

Contra o medio día do venres inaugurábase no mirador da Praza da Pedra de Vigo a exposición 'Vigo, cidade do mar amado'. No acto, seguido por unha cantidade importante de público ademais da prensa, interveu en primeiro lugar o Concelleiro de Patrimonio, Eudosio Álvarez quen explicou que estabamos diante dun proxecto moi querido dentro do […]
Caneiro presentou 'Un último destino'

Onte, cunha importante presenza de público, o escritor de Verín Xosé Carlos Caneiro presentou a súa nova novela, 'Un último destino' nun acto que foi de diálogo co director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Durante o mesmo, Xosé Carlos Caneiro explicou, tamén diante de preguntas do público asistente, que con esta novela pechaba un […]
Inauguración da exposición VIGO, CIDADE DO MAR AMADO

Trátase dunha iniciativa da Concellería de Turismo do Concello de Vigo incluída no Plan de Competitividade Turística de Vigo, coa colaboración da Concellería de Patrimonio, e coa produción de Merlín Comunicación, do grupo Editorial Galaxia. Estamos diante dunha mostra concibida como unha presentación de Vigo ás persoas que nos visitan, na que se ofrece unha […]
Cando literatura e vida van da man

Para este trimestre final do ano, Editorial Galaxia ten preparados algúns libros, na súa colección Literaria, que están chamados a ser fitos literarios. É o caso desta obra da que hoxe falamos e que irá chegando ás librerías de todo o país en moi pouco tempo: unha novela que non vai deixar indiferente a ninguén […]
O Culturgal, cita estratéxica para a cultura galega

O mes que vén volverá o Culturgal, a feira das industrias culturais que celebrará a súa terceira edición do 26 ao 28 de novembro no Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra. Desta volta é a Asociación Culturgal, creada o 22 de xullo deste ano polas asociacións profesionais da industria cultural galega máis importantes, quen […]
Galaxia no Liber 2010

A nosa editorial será unha das máis de 20 editoras galegas que participarán nunha nova edición do Liber de Barcelona a partir de hoxe na que está considerada a máis importante cita do sector do libro en España. Ademais da actividade expositiva, Liber ofrece a oportunidade de asistir a relatorios, obradoiros e debates sobre as […]
AS RULAS DE BAKUNIN cada vez máis internacional

New Spanish Books é un proxecto promovido polo ICEX (Instituto Español de Comercio Exterior) para fomentar a tradución da literatura publicada en España no Reino Unido. Dos 228 títulos propostos polas editoras para esta edición do panel, 11 obras foron as escollidas por un comité independente de expertos polo seu interese e atractivo para seren […]
Editorial Galaxia e a revista Grial nas universidades de Nova York

Invitado polas universidades de Fordham (Nova York), CUNY (universidade pública) e Hofstra (Long Island), o director xeral de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, está a impartir unha serie de conferencias nestes centros universitarios norteamericanos. Na CUNY impartirá ademais un curso de literatura galega contemporánea. Nas outras dúas, universidades privadas, falou de Galicia, da literatura e […]