Presentación en Compostela de REPENSAR O MAL

Nesta presentación do seu último ensaio Andrés Torres Queiruga estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Segundo Pérez López, profesor de Teoloxía, Xan López Facal, economista, e Luís García Soto, decano da Facultade de Filosofía da USC. Galaxia publica en coedición coa Fundación Isla Couto o ensaio Repensar o mal, no que […]
A literatura galega en Frankfurt

"Trátase de iniciar unha política de acción exterior que abra portas, para que corra o aire de dentro cara a fóra, para que a literatura galega sexa coñecida no mundo exterior, nos mercados internacionais do libro; para iso utilizamos o idioma inglés, a maneira de gran autopista da comunicación". Jonathan Dunne presentou na Feira do […]
Algo máis que un café

Toda cidade ten o seu café. Toda cidade ten o seu lugar, case mítico, onde arredor dun café se teceron historias grandes dignas de pasar á literatura e á memoria. Albino Mallo regálanos 'Algo máis que un café. O Derby de Vigo. 1921-1968', a historia de milleiros de persoas que pasaron por un local durante […]
Presentada a campaña 'O fillo do trono'

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e a Editorial Galaxia presentaron o martes a iniciativa 'O fillo do trono', incluída na programación do Camiño Infantil e que reúne un libro, unha curtametraxe e unha obra de teatro co obxectivo de introducir aos nenos no Camiño de Santiago dun xeito ameno e didáctico. A través […]
Via Láctea e Galaxia levan ao cine 'A Esmorga'

Onte, no marco do Festival Internacional de Cine de Ourense anunciouse o inicio da produción cinematográfica de 'A esmorga'- O cineasta Ignacio Vilar acompañouse do director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, do presidente da Deputación, José Luis Baltar, e do alcalde, Francisco Rodríguez. "Neste momento estamos a adaptar a obra para facer un guión […]
Presentación na Feira de Frankfurt da ANTOLOXÍA DA LITERATURA GALEGA

Seguen as actividades dentro da Feira do libro de Frankfurt. Hoxe, a literatura e a palabra galegas van ter un protagonismo singular pois está previsto que, ás 13 horas, no stand da Asociación Galega de Editores se presente a escolma preparada por Jonathan Dunne e editada por Xerais e Galaxia, co patrocinio da Consellería de […]
20 editoras galegas presentarán as súas novidades na Feira do Libro de Frankfurt

Un stand de más de 60 metros cadrados compartido pola Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Editores permitirá presentar na Feira Internacional do Libro de Frankfurt 2010, entre o 6 e o 10 de outubro, as novidades dun total de 20 editorais galegas. Cunha orientación profesional de primeiro nivel a Feira de Frankfurt […]
Presentación do libro PEL CON PEL en Santiago

Este domingo presentaremos en Santiago o libro 'Pel con pel', que recolle case que corenta fotos presentadas ao II Concurso sobre Lactación Materna que organizou Fedegalma e a Editorial Galaxia. No acto participarán algúns dos autores dos textos que acompañan a publicación. Dores Tembrás, Marta Dacosta, Begoña Caamaño, Ledicia Costas, Francisco Castro, Eduardo Estévez e […]