Cando literatura e vida van da man

Categoría: Nova

Para este trimestre final do ano, Editorial Galaxia ten preparados algúns libros, na súa colección Literaria, que están chamados a ser fitos literarios. É o caso desta obra da que hoxe falamos e que irá chegando ás librerías de todo o país en moi pouco tempo: unha novela que non vai deixar indiferente a ninguén e que publicamos baixo do título de 'Futuro imperfecto' e que será o debut literario de Xulia Alonso Díaz, nacida en A Rúa en 1961 e que con esta novela demostrará que a vida é un lugar onde a existencia é sempre radical, ás veces marabillosa e ás veces inaturable.

En esencia, a historial fala do amor grande da autora por Nico. Pero, sobre todo, da experiencia da súa perda. Toda a historia está ambientada na década dos 80 en Galicia, intre crucial na biografía de todos os que hoxe pasan dos corenta anos, e no que moitos mozos e mozas do noso país sucumbían ás drogas ao tempo que descobrían a vida e o amor. Moitos quedaron polo camiño. Moitos poden contalo e facer memoria.

Xulia Alonso Díaz, pasados os anos, é quen de botar a ollada atrás e enfrontarse, dende a esperanza, a un futuro que xa foi pasado pero que, en esencia, sigue a ser futuro posible e digno de ser vivido.

Compartir na redes sociais: