Galaxia no Liber 2010

Categoría: Nova

A nosa editorial será unha das máis de 20 editoras galegas que participarán nunha nova edición do Liber de Barcelona a partir de hoxe na que está considerada a máis importante cita do sector do libro en España.

Ademais da actividade expositiva, Liber ofrece a oportunidade de asistir a relatorios, obradoiros e debates sobre as novas tecnoloxías aplicadas ao sector do libro, a internacionalización e a ecoedición. Asemade, permítelle ao profesional do libro contactar con máis de 1.900 libreiros, distribuidores e bibliotecas de 78 países convidados. Este ano, a feira terá como cultura convidada a Porto Rico, que presentará un panel de actividades propias que permitan coñecer a tradición literaria dese país.

Compartir na redes sociais: