Inaugurado o gabinete de Ramón Piñeiro

Desde hoxe xoves, na Casa Galega da Cultura, sede da Fundación Penzol, grande impulsora deste proxecto, xa é posible visitar a reconstrución do gabinete de Ramón Piñeiro. Nun fermoso e emotivo acto, quedou aberta a recreación da famosa habitación da rúa Xelmírez 15 na que tantas xeracións se formaron no espírito e conciencia de Galicia […]

Renace o gabinete de Ramón Piñeiro

A partir de hoxe quedará instalado, na Casa Galega da Cultura de Vigo, onde ten a súa sede a Fundación Penzol, o gabinete de Ramón Piñeiro, berce socrático para xeracións de galeguistas que coñeceron con el, ao redor dunha mesa que era tamén un xeito de sentir a terra, o significado da conciencia de Galicia. […]

Libros para Piñeiro

A Editorial Galaxia presentará hoxe ás 20 horas na librería Couceiro de Santiago, tres novas publicacións que nos van permitir coñecer mellor a figura inmensa de Ramón Piñeiro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Por unha banda, presentaremos o libro DO SENTIMENTO Á CONCIENCIA DE GALICIA. CORRESPONDENCIA 1961-1884. BASILIO LOSADA e RAMÓN […]

Na noite meiga

Esta noite os galegos celebramos unha das nosas festas populares máis fermosas. A noite de San Xoán é un pretexto para estarmos na rúa, ao carón das lumieiras cacharelas que nos recordan que, en efecto, todo é fugaz, pero que todo tamén se rexenera e que todo é cíclico e cambia, polo xeral, para mellor. […]

Cereixeiras en Trasalba

A casa grande de Trasalba será o próximo día 28 unha festa: homenaxe a Xosé Manuel Beiras, Premio Trasalba na súa XXVII edición. E as cerdeiras da horta enchéronse de cores. Unha fantasía. Dende o corredor e a solaina deseñada por Castelao, ollamos estes ramos inzados de froita, onde veñen polas mañás a peteirar os […]

Catro historias de emigrantes

Hoxe ás 20 horas na librería Couceiro de Santiago, o libreiro galego e editor establecido en Montevideo, Manuel Losa, presentará o seu libro "Catro historias de emigrantes". No acto estará acompañado por Pilar Cagiao e Víctor F. Freixanes. Previamente, ás 12 horas, celebrarase unha rolda de prensa no salón de actos do Consello da Cultura […]

Marcos Valcárcel, medalla Castelao

Onte, a Xunta de Galicia deu a coñecer os nomes dos galardoados este ano coas prestixiosas medallas Castelao. Ademais de Tarsy Carballas, Fernando Diz-Lois, García Alén e Fernando Pérez-Barreiro, o historiador e divulgador Marcos Valcárcel, sen dúbida un dos máis importantes coñecedores da literatura galega, é outro dos merecentes deste importante galardón que se vén […]

Homenaxe a Celestino Fernández de la Vega

A recopilación "Ensaios a proba do tempo", título que escollera en vida o propio Celestino Fernández de la Vega, en 1974, cando ordenou estes traballos para a súa edición, daquela non consumada, reúne ensaios que van dende 1951: "Cultura y comunicación", publicado no primeiro dos Cadernos Grial (1951) a outros distintas épocas e temas: "Perfil […]