Inauguración da exposición "Ramón Piñeiro. Olladas no futuro"

Hoxe, ás 20 horas, na sala de tertulia do Liceo de Ourense, celebrarase o acto de inauguración da exposición "Ramón Piñeiro. Olladas no futuro". Editorial Galaxia, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Presidencia da Xunta de Galicia organizan esta exposión sobre a figura e a obra de […]
Inauguración da exposición "Galicia 25" en Lugo

A exposición "Galicia 25. Unha cultura para un novo século" que está a itinerar por toda Galicia e que conmemora os 25 anos do Consello da Cultura Galega, abrirá mañá as súas portas en Lugo, no Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos. Organizada polo Consello da Cultura Galega, en colaboración con Caixanova, percorreu […]
Domingo Villar en Vigo

Domingo Villar manterá hoxe un encontro cos seus lectores en Vigo, arredor da súa nova novela "A praia dos afogados", segunda entrega das protagonizadas polo inspector Leo Caldas, protagonista tamén da moi celebrada "Ollos de auga". Nesta ocasión, o inspector terá que enfrontarse a un caso ben difícil: a aparición do cadáver dun mariñeiro coas […]
Presentación de dous libros de Celestino Fernández de la Vega en Lugo

O acto será mañá martes 9 de xuño, ás 20 horas, no salón de actos do Pazo de San Marcos, na Deputación Provincial de Lugo e participarán neste acto Tonina Gay, presidenta do Club Cultural Valle-Inclán, Víctor F. Freixanes, director de Editorial Galaxia, e Antón Baamonde, profesor de filosofía e ensaísta. En "O segredo do […]
Unha lectura para o Día do Medio Ambiente

Como cada 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Os xornais ínzanse de especiais sobre o asunto e as voces máis autorizadas reflexionan arredor da situación do planeta e a necesidade de coidarmos da nosa casa común. Coincidindo coa celebración, pode ser interesante achegármonos a unha das novidades que Editorial Galaxia vén […]
Manual de práctica teatral feminista

Editorial Galaxia vén de publicar o libro de Elaine Aston, "Manual de práctica teatral feminista", unha obra que está concibida coma unha guía práctica para a creación teatral que explora diferentes maneiras de representar ou considerar o xénero e que foi pensada para levar as lectoras a través das diferentes fases cara a un teatro […]
Beiras recibiu o domingo o Premio Trasalba

Na casa grande de Cimadevila, no concello de Amoeiro, concentrarase boa parte do mundo intelectual galego para asistir á entrega do Premio Trasalba este domingo a Xosé Manuel Beiras. A día de hoxe xa confirmaron a súa asitencia preto de 500 persoas. A Comisión de Goberno da Fundación, que é a encargada de designar anualmente […]
Marcos Valcárcel recibirá a Medalla Castelao

Como xa comentamos no seu día deste a nosa web e o noso blog, o historiador Marcos Valcárcel recibirá o vindeiro domingo a Medalla Castelao, un novo recoñecemento a un traballo dedicado ao noso país, feito con rigor e afán divulgativo. Ademais de Marcos Valcárcel o xurado decidiu distinguir tamén a Tarsy Carballas, Fernando Diz-Lois, […]