A Editorial Galaxia estreará nova web este luns

O vindeiro luns 23 de xaneiro, a editorial comezará a semana estreando unha nova páxina web. Esta proposta supón un salto cualitativo na nosa oferta editorial e no xeito de nos comunicar coas lectoras e lectores. Unha web máis intuitiva, rápida e preparada para que todas as persoas interesadas, poidan achegarse á nosa actualidade, dun […]
Recomendacións poéticas para comezar o ano

Dende a Editorial Galaxia recomendamos algúns dos poemarios que engrosan a nosa colección Dombate. Unha colleita que aposta por coidar e fomentar a publicación poética galega. Luisa Castro presenta en Un amor antigo, o seu novo comezo como autora, un comezo que nos asoma á vertixe das emocións e as súas contradicións, deixándonos nese limbo de […]
Arantza Portabales publica nova novela en febreiro

A comezos de febreiro agardamos a chegada dun novo caso dos inspectores Abad e Barroso: O home que matou a Antía Morgade, de Arantza Portabales. Todos e todas as amantes da escrita de Portabales están de sorte porque a escritora, unha das principais voces da escena ‘noir’ do país, volve a sorprendernos cunha nova entrega, ateigada […]
No Centenario de Manuel Murguía

A editorial Galaxia quere sumarse á celebración do centenario da morte de Manuel Murguía, o 1 de febreiro de 1923, neste ano que se lle vai dedicar dende diversas institucións galegas, entre elas a Real Academia Galega, da que foi o seu primeiro presidente ata o seu falecemento. Historiador, poeta, xornalista, crítico, narrador, axitador cultural, […]
Presentación de “Vivir e morrer pola causa”, en Vigo

O mércores 11 de xaneiro, celebrarase, ás 20 h, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de Vivir e morrer pola causa. Biografía de José Gómez Gayoso, de Carlos A. Portomeñe Pérez. Acompañando o autor, estará o catedrático Xesús Alonso Montero. Publicado na colección Memoria Histórica, este libro achega ás lectoras e lectores á biografía de […]
Xa na rúa a biografia de Don Paco escrita por Malores Villanueva

Esta semana chegará a todas as librarías de Galicia a biografía, Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia, da profesora Malores Villanueva quen tantas horas de confidencias compartiu co homenaxeado do Día das Letras Galegas 2023. Publicada na colección Letras Galegas, esta é a biografía máis completa e documentada sobre a figura de Don […]
No aniversario de Francisco Fernandez del Riego

Este 7 de xaneiro, don Paco faría 110 anos (Lourenzá 1913) mais tamén os farían Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín, todos alcumes que empregounos xornais e revistas naqueles días aciagos e incertos en que tiña prohibido publicar e estaba vivindo de prestado polo seu compromiso co país e co galeguismo. […]
Galaxia publica “Lourenzá”, de Francisco Fernández del Riego

Acaba de chegar aos nosos almacéns o libro Lourenzá, da autoría do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023. Nesta obra o autor rende tributo a súa benquerida terra natal. Como el mesmo afirma no limiar do libro, “é unha historia rememorativa a que vou reproducir nestas páxinas. Tento contar nelas o que teño aprendido sobre o pasado […]