A candidata, de Miguel Sande, preséntase en Compostela

Unha novela intensa, dura e desacougante sobre a complexidade dos tempos de crise ruín que nos tocou vivir. Mañá tedes a oportunidade: achegádevos á presentación de ‘A candidata’ de Miguel Sande, a novela gañadora do Premio García Barros deste ano, publicada por Galaxia. Será na Librería Cronopios en Compostela, ás 20:00h. Por alí andaremos, a […]
Pelerinaxes nominada aos Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer as obras e artistas nomeados para a décimoquinta edición dos premios Mestre Mateo que cada ano revisan a produción audiovisual galega. O filme Pelerinaxes foi nomeado na sección “Mellor documental”. É a historia de Luzía que percorre as etapas da pelerinaxe que fixeron a pé Otero Pedrayo, Vicente Risco e […]
Castelao en cómic da man de Kiko da Silva

Kiko da Silva adapta catro relatos de Castelao á banda deseñada para un libro que publicará Galaxia en maio. A idea xurdiu a partir da publicación de ‘O retrato’ por parte de O Garaxe Hermético no Diario de Pontevedra”. “Foi a partir desa experiencia que naceu este proxecto”, di o debuxante e director da escola […]
A cidade, o videoclip dunha das cancións de Canta o cuco, nominado aos Mestre Mateo

O videoclip “A cidade”, elaborado para a canción do mesmo título publicada no noso Librodisco Canta o cuco. Uxía e Magín na casa de Manuel María vén de ser nominado aos Mestre Mateo na categoría de Mellor Videoclip. Parabéns a quen o fixo posible, Marcos Nine e Otto Roca, e a Uxía e Magin Blanco. […]