Entrega do I Premio de Narrativa Breve Repsol YPF

Categoría: Nova

O acto estivo presidido pola Secretaria Xeral de Política Lingüística Dna. María Sol López Martínez, o Director Delegado do Complexo Industrial de Repsol YPF A Coruña, D. Rafael Rubio Fernández e o Tenente de alcalde do Excmo. Concello de A Coruña, D. Carlos González Garcés.
Esta primeira edición do Premio Narrativa Breve Repsol YPF, fallado o pasado 27 de outubro, recaíu no xornalista Miguel Sande que recolliu o premio das mans de Dna. María Sol López, pola súa obra Se algún día esta muller morta, que dirixiu unhas palabras de agradecemento ó público asistente e especialmente ó xurado. Este premio está dotado con 6.000€ e coa publicación da obra pola Editorial Galaxia.
Neste acto, tamén se fixo entrega a Xavier Lama, profesor da USC e xornalista, dun accésit pola súa obra O insomnio dos centauros, dotado con 1500 euros.

A esta cerimonia de entrega seguíulle un concerto interpretado por Florian Vlashi (Violín) e Rediana Lukaçi (Violonchelo), que supuxo o estreo absoluto das obras dos compositores galegos Paulino Pereiro (Preludio e Fuga op. 120. Para violín e violonchelo) e Juan Durán (Sonatina para violín e violonchelo I, II, III), tamén presentes na cerimonia.
Ao acto asistiron personalidades da sociedade galega como D. Víctor Freixanes, Director Xeral da Editorial Galaxia, D. Benito Fernández Rodríguez, Secretario Xeral de Educación, D. Manuel González Secretario da Real Academia Galega e D. Alfonso García Sanmartín, Presidente da Asociación Galega de editores, entre outros.

Nesta primeira edición do Premio Narrativa Breve Repsol YPF contou cunha importante participación, 34 orixinais de excelente calidade que llo puxeron difícil aos membros dos xurado. Xurado, que nesta ocasión estivo composto por: D. Xosé Barreiro Fernández, Presidente da Real Academia Galega, D. Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, D. Miguel Anxo Fernán-Vello, Editor, Dna. Carmela González, Directora de Biblos clube de lectores e Dna. Dolores Vilavedra, profesora da USC e crítica literaria.

Compartir na redes sociais: