Europa e a Xeración Nós, ata o 25 de xullo

A exposición está producida por MERLÍN COMUNICACIÓN e organizada pola Fundación Otero Pedrayo e Presidencia da Xunta de Galicia e conta tamén co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e mais da Fundación Galicia Europa e a colaboración do Museo do Pobo Galego e o Concello de […]
Novidades de setembro: O GUIÓN DA NOVA PELÍCULA DE PAUL AUSTER

A película vaise estrear no Festival de Cine de San Sebastián, que se celebrará do 20 ao 29 de setembro, e que ha contar coa presenza do escritor como presidente do xurado. Por primeira vez publícase en galego o guión dunha película que se presenta de xeito simultáneo nas pantallas. A nova obra de Auster […]
Cinco anos sen Carlos Casares

A Fundación Carlos Casares é a encargada de organizar estes encontros, coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. Trátase de reunir distintas voces de distintas literaturas coa idea de reflexionaren sobre o feito literario. Anualmente, os Diálogos Literarios de Mariñán ofrecen a oportunidade de coñecer tendencias, preocupacións, gustos e liñas de traballo, tanxenciais ou dominantes, […]
César Antonio Molina na Feira do Libro da Coruña

Na presentación do seu libro César Antonio Molina estará acompañado por Víctor F. Freixanes, Luís García Soto, Antón Patiño e Manuel Vilariño. Editorial Galaxia publica na colección Dombate de poesía o segundo poemario escrito en galego por César Antonio Molina. Todos os ríos do mundo reflíctense en Eume, o fluír da vida arrequenta a literatura, […]
O Premio Nobel Orhan Pamuk editarase tamén en galego

A nova novela de Orhan Pamuk, na que o escritor aínda está a traballar, titúlase O museo da inocencia. Desenvólvese na cidade de Estambul, marco habitual das súas obras, entre 1975 e os derradeiros anos do século XX, e conta a historia de Kemal, fillo dunha das familias máis ricas da cidade, e do seu […]
Festa do libro galego na Coruña

A Feira do Libro da Coruña confirmouse, un ano máis, como a principal feira do libro de Galicia. A Coruña é a cidade onde máis libro galego se vende, e a mostra dos Cantóns coruñeses está considerada como o gran escaparate do libro galego nestes meses de verán. Unha das grandes novidades, que despertou moitísima […]
Un Eduardo Blanco Amor inédito

En coedición co Pen Clube de Galicia, Editorial Galaxia vén de publicar a obra poética de carácter amoroso, escrita en castelán por Eduardo Blanco Amor, obra profundamente marcada pola emoción dos afectos e mesmo pola pulsión erótica. Baixo o título xenérico de Ars Amandi, reúnense poemas e libros inéditos, escritos en distintas épocas, que van […]
Primeiro libro de Oriana Méndez

Acompañada dos seus amigos, moitos deles membros das Redes Escarlata e, sobre todo, lectores da nova poesía que se está a facer en Galicia, Oriana Méndez (Vigo, 1984) presentou en Santiago de Compostela o seu primeiro libro: Derradeiras conversas co capitán Kraft, publicado na colección DOMBATE. Un libro sorprendentemente maduro, segundo as intervencións dos presentadores: […]