Os amigos de Verines

Verines vén sendo, dende hai 23 anos, unha referencia nas letras españolas. Escritores e escritoras en galego, castelán, éuscaro e catalán falan de literatura. A Universidade de Salamanca, en colaboración co Ministerio de Cultura e o Principado de Asturias, iniciou estes encontros no ano 1984 e dende entón, contra o mes de setembro, os escritores […]

A Fundación Otero Pedrayo entrega o Premio Trasalba 2007 a John Rutherford

Con este galardón a Fundación Otero Pedrayo quere enaltecer a tradición e o traballo dos profesores que, sen seren de nación galega, veñen traballando polo coñecemento e a difusión da nosa lingua, da nosa literatura e da nosa cultura no mundo, proxectándonos cara á universalidade, tal que preconizaban os pais do galeguismo. Durante o acto […]

Para unha reforma do financiamento autonómico

Inclúese unha interesante entrevista con Antoni Castells, conseller de Economía e Finanzas da Generalitat de Cataluña e presidente da parte catalá da Comisión Mixta de Asuntos Económicos e Fiscais, sobre a realidade do financiamento autonómico en España. Alberto Meixide conversa con quen hoxe é unha autoridade en facenda autonómica e local, cunha obra abondo recoñecida […]

César Antonio Molina, ministro de Cultura

César Antonio Molina (A Coruña, 1952) estudou Dereito en Santiago de Compostela e doutorouse pola Universidade Complutense de Madrid, cun traballo sobre as revistas literarias en Galicia (Xerais, 1991). Autor de dous poemarios en lingua galega, a súa actividade como crítico literario e editor centrouse, entre outros, na obra de Torrente Ballester (Alianza Editorial) e […]

II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF

A Refinería de Repsol na Coruña, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca a segunda edición do Premio de Narrativa Breve Repsol YPF en Lingua Galega. As bases do Premio establecen que as obras orixinais e inéditas deberán enviarse á Refinería antes do 16 de xullo de 2007, estar escritas en lingua galega, […]

Murado presentou "O soño da febre"

O novo libro de Miguel Anxo Murado chega logo de máis de seis anos desde a publicación da súa última obra narrativa. O soño da febre, que Editorial Galaxia publica na colección Literaria, parte dun episodio real da vida do autor e vai presentando unha galería de historias sorprendentes presididas pola pantasma da febre. Miguel […]

Francisco Castro gaña o García Barros 2007

O xoves 12 de xullo de 2007 tivo lugar o fallo do XIX Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades) do Concello da Estrada, nun acto para os medios de comunicación no que unha vez aberta a plica se deu a coñecer o nome de Francisco Castro como gañador da convocatoria deste ano 2007. […]

Alfredo Conde recrea a figura histórica de María Pita

María das Batallas. Segundo explica o autor, o título procede dun verso de Lorenzo Varela. Lemos na páxina 271: "Claro que tivo sorte a miña nai, toda a do mundo (…) Foi unha gran muller. Pero a súa gran fazaña non consistiu en lle arrear un pau a un invasor nunha arroutada, senón a batalla […]