Alfredo Conde recrea a figura histórica de María Pita

María das Batallas. Segundo explica o autor, o título procede dun verso de Lorenzo Varela. Lemos na páxina 271: "Claro que tivo sorte a miña nai, toda a do mundo (…) Foi unha gran muller. Pero a súa gran fazaña non consistiu en lle arrear un pau a un invasor nunha arroutada, senón a batalla […]

Europa e a Xeración Nós, ata o 25 de xullo

A exposición está producida por MERLÍN COMUNICACIÓN e organizada pola Fundación Otero Pedrayo e Presidencia da Xunta de Galicia e conta tamén co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e mais da Fundación Galicia Europa e a colaboración do Museo do Pobo Galego e o Concello de […]

Novidades de setembro: O GUIÓN DA NOVA PELÍCULA DE PAUL AUSTER

A película vaise estrear no Festival de Cine de San Sebastián, que se celebrará do 20 ao 29 de setembro, e que ha contar coa presenza do escritor como presidente do xurado. Por primeira vez publícase en galego o guión dunha película que se presenta de xeito simultáneo nas pantallas. A nova obra de Auster […]

Traducións de "Ollos de auga"

Domingo Villar traballa nunha nova aventura do seu personaxe, o inspector Caldas, de tan boa acollida na súa primeira entrega. Desta vez a acción seica se desenvolve en Panxón, arredor do mundo da pesca e os seus negocios, as súas intrigas e o seu ambiente característico: un universo dentro do universo.

Primavera en Trasalba

A cor amarela preside unha boa parte desta pintura de Virxilio, que se ofrece aos visitantes ata o próximo 1 de setembro. Segundo Otero Pedrayo, a cor amarela é a cor de Ourense, moi especialmente nesta época: a cor das mimosas (que aquí chaman acacias) e das xestas, a cor da flor do toxo e […]

Nova York na Feira da Coruña

En pouco de tempo, Editorial Galaxia vén de editar tres libros nos que a cidade dos rañaceos está presente ou serve de pano de fondo de diferentes historias: Brooklyn Follies de Paul Auster, Xelamonite de Luis Paradelo e agora New York, New York de Inma López Silva. Tres relatos nos que a gran cidade aparece […]

Lectura pública. Un dereito da cidadanía

Galicia segue a ocupar os postos máis baixos respecto de índices de lectura e usos bibliotecarios. Aínda que algo se ten mellorado e a nova administración da Xunta anuncia programas de activación e investimentos económicos, as bibliotecas seguen sendo unha asignatura pendente na nosa estratrexia cultural. O informe elaborado por Hilario Hernández, da Fundación Germán […]

Galaxia e Xerais presentan xuntas os últimos libros de Alonso Montero

Os escritores galegos ante a guerra civil española, 1936-1939 (Galaxia) e Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia, 1926-2006 (Xerais) son os títulos dos dous libros, que en certa maneira se complementan, segundo explicou o autor na presentación en Santiago de Compostela. "Trátase dunha análise metódica, crítica e rigorosa do papel dos intelectuais galegos e […]