A exposición está producida por MERLÍN COMUNICACIÓN e organizada pola Fundación Otero Pedrayo e Presidencia da Xunta de Galicia e conta tamén co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e mais da Fundación Galicia Europa e a colaboración do Museo do Pobo Galego e o Concello de Santiago.
Desde a súa inauguración no día 9 de maio pasado, Día de Europa, veu atraendo unha grande e variada cantidade de público, superando, a data de 15 de xullo, a cifra de 14.600 visitantes, o 42% deles galegos. 7.500 foron visitas individuais e o resto colectivas, apreciándose grupos de distintas procedencias.
A ubicación nas salas de exposicións temporais do Museo do Pobo Galego contribuíu, sen dúbida ningunha, ao éxito coseguido por este evento que está comisariado por Marcos Valcárcel e Afonso Vázquez-Monxardín, e artísticamente resolto por Fausto C. Isorna. Un tema atraínte, unha achega didáctica e unha solución estética confluiron felizmente nun centro museístico senlleiro e eficaz para mostrarlle ao país parte da súa riqueza.
A exposición quedará clausurada, no dito mércores 25 de xullo, ao rematar o horario habitual de visitas do Museo do Pobo Galego.
Pode premer no banner da exposición para acceder a toda a información dispoñible en diversos formatos e páxinas web.